Suma e segue do Pontevedra que pecha as chegadas do centrocampista Borja Martínez e do porteiro Álvaro Cortés
Por Diego Espiño & Ramiro Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol 2020/2021 continúa tomando forma con anuncios que se foron sucedendo nas últimas horas ou que están a punto de saír a luz.
O máis recente ata o momento é a confirmación da fichaxe de Borja Martínez, cuarta incorporación que farán oficial os granates.
Aos seus 25 anos, este centrocampista acumula seis tempadas de experiencia na Segunda División B principalmente en filiais, como o Atlético de Madrid B, Espanyol B e Getafe B, do que procede. Ademais pasou tamén polas filas do Atlético Baleares na categoría de bronce e polo Parla en Terceira División.
Trátase dun futbolista, a priori, chamado a achegar en tarefas construtivas.
Na súa última campaña, no filial do Getafe, participou en 17 partidos, 14 deles como titular, nos que anotou un tanto.
Borja Martínez convértese desta forma na cuarta fichaxe do Pontevedra, tras as de Mario Fernández, Imanol García e Óscar Fernández. Estes nomes súmanse aos homes que contan con contrato en vigor actualmente, é dicir: Adrián Cruz, Rufo, Churre, Eneko Zabaleta, Pol Bueso, Naveira e Adighibe.
ÁLVARO CORTÉS
E a quinta fichaxe granate chega tamén de Madrid e faino para disputarlle a portería a Mario Fernández. Trátase de Álvaro Cortés, un futbolista de 22 anos (ocupa por tanto praza de sub-23), que procede do San Sebastián de los Reyes.
Álvaro Cortés Valiente, participou en 6 partidos, todos eles como titular, nunha tempada na que pagou as consecuencias da mala traxectoria do seu equipo, que terminaría pechacancelas da categoría salvándose pola suspensión ligueira. Nacido en Madrid, chegara ao Sanse cedido polo C.D. Leganés, equipo no que se formou, destacando no filial pepinero na terceira división madrileña.
Relacionadas:
-
Álvaro Cortés: "Estou encantado en Pontevedra, véxome aquí moitos anos"
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra confirma a Churre, Pol Bueso e Santi Figueroa; o fisio Manu Barros anuncia a súa marcha
Por Manu Otero |
-
Que lle falta por fichar ao Pontevedra neste mercado?
Por Manu Otero |
-
Os canteiráns Martín Diz e Diego Dadín renovan e seguirán formando parte do Pontevedra B
Por Manu Otero |
-
Oier Calvillo ficha polo Pontevedra CF
Por Oskar Viéitez |
-
Rufo descarta ofertas e opta por cumprir o seu contrato co Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Charles volve a casa: O Pontevedra confirma o regreso do dianteiro a Pasarón
Por Alejandro Espiño |
-
Experiencia en 1ª e 2ª para a portería do Pontevedra, que pecha a chegada do gardameta Mario Fernández
Por Diego Espiño |
-
Segunda fichaxe do Pontevedra: o extremo Óscar Fernández xa é granate
Por Alejandro Espiño |
-
Charles desvincúlase do Eibar e fai soñar á afección do Pontevedra co seu regreso
Por Diego Espiño |
-
Edu Sousa non seguirá no Pontevedra: "Hai un oco moi grande no meu corazón que xa só será granate"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra confirma a Jesús Ramos como o seu adestrador para a próxima tempada
Por Alejandro Espiño |
-
O mercado de fichaxes móvese no Pontevedra, primeiro con saídas
Por Diego Espiño |