Rufo descarta ofertas e opta por cumprir o seu contrato co Pontevedra
Por Ramiro Espiño
Que Rufo era obxecto de desexo de moitos clubs de Segunda B, e mesmo de máis dun de Segunda A, era algo que non se lle escapaba a case ninguén. O dianteiro madrileño, máximo goleador da categoría na temporada interrompida pola crise sanitaria, gañouse á afección granate nos poucos meses que levaba en Pasarón coa súa achega goleadora, pero tamén co seu carácter e compromiso dentro e fóra do terreo de xogo.
A pesar de que a súa firma produciuse pola tempada en curso máis as dous seguintes, moitos temían que o rendemento do dianteiro atraese ofertas tentadoras que lle fixesen voar. Con todo, ao mediodía deste sábado, o Pontevedra comunicaba de forma oficial que Rufo decidira quedar no club granate e cumprir o seu contrato, desatendendo esas ofertas, algunha moi tentadora, que recibiu, para continuar ás ordes de Jesús Ramos.
Deste xeito, segue crecendo a ilusión dunha afección que recibe en dous días consecutivos senllas noticias que apuntan a que, tras a desexada fichaxe de Charles, coa continuidade de Rufo o Pontevedra moi posiblemente dispoña de longo da mellor dianteira da categoría.
Claro que non hai que botar as campás ao voo, pero é inevitable que sexan maioría os que soñen xa con conseguir obxectivos impensables ou absolutamente lonxe do alcance real do equipo de Pasarón nos últimos anos.
Relacionadas:
-
O Pontevedra confirma a Churre, Pol Bueso e Santi Figueroa; o fisio Manu Barros anuncia a súa marcha
Por Manu Otero |
-
Que lle falta por fichar ao Pontevedra neste mercado?
Por Manu Otero |
-
Os canteiráns Martín Diz e Diego Dadín renovan e seguirán formando parte do Pontevedra B
Por Manu Otero |
-
Oier Calvillo ficha polo Pontevedra CF
Por Oskar Viéitez |
-
Suma e segue do Pontevedra que pecha as chegadas do centrocampista Borja Martínez e do porteiro Álvaro Cortés
Por Diego Espiño & Ramiro Espiño |
-
Charles, "ilusionado como un chaval" no seu regreso a Pasarón: "Aquí he sido muy feliz y espero volver a serlo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Charles volve a casa: O Pontevedra confirma o regreso do dianteiro a Pasarón
Por Alejandro Espiño |
-
O Pontevedra reforza a súa defensa co lateral dereito Aitor Núñez
Por Alejandro Espiño |
-
Experiencia en 1ª e 2ª para a portería do Pontevedra, que pecha a chegada do gardameta Mario Fernández
Por Diego Espiño |
-
Segunda fichaxe do Pontevedra: o extremo Óscar Fernández xa é granate
Por Alejandro Espiño |