Os canteiráns Martín Diz e Diego Dadín renovan e seguirán formando parte do Pontevedra B
![Manu](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/c92/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/613a3b2f4f-20210902-patxot-radio-programa-deportes-1889.jpg)
Por Manu Otero
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a0f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5e0a46292e-20191230-saiz-entrenamiento-pontevedra-9.jpg)
© Cristina Saiz
A estrutura do Pontevedra para a próxima tempada segue tomando forma. As últimas novidades anunciadas polo club ao comezo desta semana están relacionadas co filial e consisten na renovación de sete xogadores que o ano pasado foron habituais nos adestramentos do primeiro equipo e que mesmo algún deles chegou a dispoñer de minutos en partidos de Segunda División B.
É o caso de Martín Diz que na tempada recentemente finalizada tivo a oportunidade de participar en dous partidos saltando desde o banco nos minutos finais que se saldaron con derrota fronte San Sebastián de los Reyes en Madrid e con empate fronte ao Rácing de Ferrol en Pasarón.
Tamén amplía o seu vínculo co conxunto granate Iñaki, quen tamén sabe o que é defender a camiseta do primeiro equipo en encontros oficiais aínda que nas dúas últimas campañas non chegou a dispoñer de minutos.
O abanico de renovacións complétase con Samu, Pacheco, David Veiga, Pablo López e o prometedor gardameta Diego Dadín. Pendente de confirmar está aínda a continuidade de Antón, que xunto a Martín Diz foron os únicos xogadores do filial que difrutaron de minutos co primeiro equipo en Segunda B o pasado curso.
Fuentes do Pontevedra confirman que estes sete xogadores terán ficha co Pontevedra B de Preferente e que, se o adestrador requíreo, poderán adestrar co primeiro equipo.
Relacionadas:
-
O Pontevedra confirma a Churre, Pol Bueso e Santi Figueroa; o fisio Manu Barros anuncia a súa marcha
Por Manu Otero |
-
Oier Calvillo ficha polo Pontevedra CF
Por Oskar Viéitez |
-
Adighibe márchase e Adrián Cruz continúa
Por Oskar Viéitez |
-
Suma e segue do Pontevedra que pecha as chegadas do centrocampista Borja Martínez e do porteiro Álvaro Cortés
Por Diego Espiño & Ramiro Espiño |
-
Rufo descarta ofertas e opta por cumprir o seu contrato co Pontevedra
Por Ramiro Espiño |