O Pontevedra confirma a Churre, Pol Bueso e Santi Figueroa; o fisio Manu Barros anuncia a súa marcha
Por Manu Otero
Mentres Álvaro Bustos esfolla a margarida da súa continuidade en Pasarón, nas últimas horas transcendeu que o extremo asturiano manexa varias ofertas de grandes equipos da división de bronce do fútbol español, os movementos continúan sucedéndose no persoal e corpo técnico do Pontevedra.
Nas súas contas oficiais de redes sociais, o club fixo oficial o que xa era un secreto a voces: a continuidade de Churre e o canteirán Santi Figueroa, que ocupará unha das seis fichas sub 23 necesarias. Pol Bueso tamén volverá a estar ás ordes de Jesús Ramos a pesar das dúbidas que sobrevoaban sobre o seu futuro aínda que tiña un ano máis de contrato co equipo granate.
O Pontevedra só dispón, polo momento, dunha ficha sénior libre, que será para Bustos se acepta a oferta. Dada a necesidade de asinar un central de garantias que acompañe a Víctor Vázquez, Churre, no centro da zaga despois da marcha de Campillo e Jaouad, antóllase imprescindible liberar unha ficha deste tipo. Por iso todas as miradas estaban postas en dous xogadores: o central da Comunidade Valenciana e Álvaro Naveira.
O lateral galego, que xa deixa de ser sub 23 este curso, e Bustos son os únicos xogadores da pasada campaña que teñen aínda o seu futuro sen aclarar.
PORTAZO DE MANU BARROS
Outra das persoas máis queridas do vestiario granate tampouco estará o próximo curso. Despois da marcha do capitán Edu e do núcleo duro do vestiario: Campillo, Álex Fernández, Pedro Vázquez, Nacho López e Berrocal; é agora o fisioterapeuta Manu Barros o que di adeus. E fíxoo cun duro comunicado compartido nas súas redes sociais.
Y esta vez si... Fin de un ciclo.
— Manu Barros (@Manu90Barros) August 5, 2020
Gracias Pontevedra por estos 7 años de mi vida... Gracias afición, por tanto. #FORZAPONTE pic.twitter.com/BPG1xEbKM3
Nunha carta aberta, Barros expresa o seu malestar co tratamento por parte do club a parte do persoal que traballou sen descanso para reflotar ao Pontevedra durante a súa travesía pola Terceira División. "Dá igual que priorices o escudo por encima da túa vida, sabes por que? Porque o fútbol é así", recolle no seu escrito.
"Loitei e traballei por subirme ao barco do Pontevedra. Loitei por e cada futbolista que defendeu as súas cores, loitei polo meu club, loitei pola miña cidade. E cando o barco empeza a coller velocidade, os que o repararon, ímonos", lamenta, facendo alusión a "os de casa, os Edu Sousa, Campillo, Jacobo ou Jaime Formoso", engade.
"Agora que o barco colle velocidade (...) aos de aquí, os descoñecidos, os de casa, dinnos que o barco está cheo", continúa co seu símil mariño.
Facendo fincapé no trato recibido por "os de casa" e en velada alusión á chegada de Charles, engade que "os de fóra volven, os heroes volven, os descoñecidos témonos que ir".
Remata Barros a súa misiva con resignación e prometendo amor eterno ao Pontevedra porque "por encima de todo está o teu escudo, as túas cores e a túa afección. Por encima de todos nós".
Este medio tratou de poñerse en contacto co Pontevedra CF para coñecer os motivos do club para a marcha do que foi fisioterapeuta durante o último lustro sen obter resposta pola súa banda.
Relacionadas:
-
O Pontevedra atopa substituto para Bustos, o extremo Jorge Fernández
Por Almu Dapena |
-
Sana N'Diaye atopa acomodo na UD Melilla
Por Redacción |
-
Fin ao culebrón do verán, Álvaro Bustos abandona o Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
Os descartes do Pontevedra atopan equipo
Por Manu Otero |
-
Que lle falta por fichar ao Pontevedra neste mercado?
Por Manu Otero |
-
Os canteiráns Martín Diz e Diego Dadín renovan e seguirán formando parte do Pontevedra B
Por Manu Otero |
-
Adighibe márchase e Adrián Cruz continúa
Por Oskar Viéitez |
-
Suma e segue do Pontevedra que pecha as chegadas do centrocampista Borja Martínez e do porteiro Álvaro Cortés
Por Diego Espiño & Ramiro Espiño |
-
Rufo descarta ofertas e opta por cumprir o seu contrato co Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
O Pontevedra reforza a súa defensa co lateral dereito Aitor Núñez
Por Alejandro Espiño |
-
Experiencia en 1ª e 2ª para a portería do Pontevedra, que pecha a chegada do gardameta Mario Fernández
Por Diego Espiño |
-
Segunda fichaxe do Pontevedra: o extremo Óscar Fernández xa é granate
Por Alejandro Espiño |
-
Edu Sousa non seguirá no Pontevedra: "Hai un oco moi grande no meu corazón que xa só será granate"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra confirma a Jesús Ramos como o seu adestrador para a próxima tempada
Por Alejandro Espiño |