Segunda fichaxe do Pontevedra: o extremo Óscar Fernández xa é granate
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
Horas despois de anunciar a Imanol García, mediocentro chegado do Córdoba, como a súa primeira fichaxe para a próxima tempada, o Pontevedra Club de Fútbol confirmou a incorporación dun segundo xogador: o extremo dereito Óscar Fernández.
O xogador cántabro incorporarase á disciplina granate tras militar a pasada campaña en dous equipos da Segunda B, o Barakaldo e o Don Benito.
Entre ambos, Óscar Fernández xogou 28 partidos e marcou un gol.
Fernández, que ten 25 anos, formouse no Racing de Santander e, entre outros equipos, xogou no Castellón e no Fuenlabrada.