Rivera ficha polo Coruxo tras finalizar o seu contrato co Pontevedra
Por Diego Espiño
Terceiro movemento en forma de saída no Pontevedra Club de Fútbol, polo menos de maneira oficial, aínda que tal e como sucedeu primeiro co fin da cesión de Jaouad e a saída despois do gardameta Brian Jaén a confirmación oficial non chegase desde o club granate.
José Rivera fichou por un dos rivais dos de Pasarón na Segunda B, o Coruxo, tal e como confirmou o club vigués a última hora deste domingo anunciando a súa contratación xunto coa do centrocampista ofensivo Chevi, procedente do Internacional de Madrid.
Siguen los movimientos en el @CoruxoFCoficial con los fichajes de @JoseRivera_9 delantero centro que procede del @PontevedraCFSAD y @AlChevi8 centrocampista de perfil ofensivo que jugó en el @interdemadrid ... !! Bienvenidos al Coruxo !! pic.twitter.com/ieRGnsbJYS
— Coruxo FC (@CoruxoFCoficial) July 5, 2020
O dianteiro, que chegara á casa granate en idade xuvenil, era un dos futbolistas que terminou a súa relación contractual co Pontevedra o pasado 30 de xuño. No seu caso fíxoo tras protagonizar un tira e afrouxa no mercado invernal no que estivo a un paso do Arosa, pero a súa negativa para renovar imposibilitou o acordo, polo que agora esa marcha prodúcese libre.
"Grazas Pontevedra por estes tres anos, vivín momentos que non esquecerei nunca e lévome grandes amigos de aquí. Deséxovos a mellor das sortes", escribiu o propio Rivera nas súas redes sociais tras confirmase o acordo co club do Vao.
Gracias @PontevedraCFSAD por estos tres años, he vivido momentos que no olvidaré nunca y me llevo grandes amigos de aquí. Os deseo la mejor de las suertes! pic.twitter.com/iZYDitIXGL
— Jose Rivera (@JoseRivera_9) July 5, 2020
Tamén o Coruxo deulle a benvida ao seu novo xogador asegurando que "o teu traballo será o noso orgullo, a túa suor dará valor aos teus goles, e os goles serán o teu premio".
Bienvenido al @CoruxoFCoficial, tu trabajo será nuestro orgullo, tu sudor dará valor a tus goles, y los goles serán tu premio ... !!! Dale duro, O Vao siempre estará detrás !!! https://t.co/3E8Ye9YGuO
— Coruxo FC (@CoruxoFCoficial) July 5, 2020
A piques de cumprir 21 anos Rivera apenas contou con oportunidades no Pontevedra nas dúas últimas tempadas, nas que fixo a súa aparición no primeiro equipo. Así gozou de só 98 minutos en liga repartidos en 7 encontros, tempo suficiente para marcar dous goles de gran recordo para a afección granate pola súa importancia, ao valer o triunfo nos últimos minutos na 18/19 contra o Guijuelo mantendo viva a esperanza de xogar o play-off e na campaña recentemente finalizada en Barreiro ante o Celta B, certificando un triunfo vital para o equipo tras un irregular inicio de liga.
Relacionadas:
-
Edu Sousa non seguirá no Pontevedra: "Hai un oco moi grande no meu corazón que xa só será granate"
Por Diego Espiño |
-
O mercado de fichaxes móvese no Pontevedra, primeiro con saídas
Por Diego Espiño |
-
Adighibe e Naveira, con contrato pero na rampla de saída
Por Diego Espiño |
-
Edu Sousa: "No tengo contrato en el Pontevedra pero confío y soy optimista en que la situación se pueda resolver"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, sen présa e á espera da Segunda División
Por Diego Espiño |
-
Álvaro Bustos, peza cobizada no mercado da Segunda B
Por Diego Espiño |
-
Pablo Vázquez, o último 'One Club Man' do Pontevedra CF
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Unha planificación deportiva baixo estrito secreto de sumario
Por Diego Espiño |
-
Brian Jaén non seguirá no Pontevedra: "me hubiese gustado haberle aportado más al club"
Por Diego Espiño |
-
Jaouad Erraji despídese do Pontevedra, que xa prepara a próxima tempada
Por Manu Otero |