Brian Jaén non seguirá no Pontevedra: "me hubiese gustado haberle aportado más al club"
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol traballa xa na planificación da próxima tempada. Tras reunirse con todos os futbolistas para pechar o actual curso, e á espera de que se produzan as primeiras comunicacións oficiais sobre a planificación do persoal, son os xogadores que non seguirán os primeiros que empezan a confirmar a súa situación.
Primeiro foi o cedido Jaouad, que a priori regresará ao seu club de orixe, o Leganés, e agora seguiulle Brian Jaén, que se despediu da que foi a súa casa a última campaña cun comunicado compartido nas redes sociais.
O gardameta andaluz, que chegou a Pasarón procedente do filial do Cádiz, non seguirá defendendo a elástica granate a pesar de que existían posibilidades de prolongar a relación contractual.
O certo é que Brian, que chegaba para competir polo posto con Edu Sousa, viviu á sombra do capitán do equipo, sen contar apenas con oportunidades. De feito só chegou a disputar 38 minutos oficiais en liga, e non foron de grato recordo, debido a que se produciron na goleada na casa fronte ao Atlético B (1-5) que empezou a debuxar o fin de Luismi no banco pontevedrés. Brian substituíu a Edu aos 52 minutos con 0-3 no marcador, e en só tres minutos viu o seu portería perforada en dúas ocasións.
"El fútbol es un mundo de etapas y aunque no era lo previsto hoy termino mi etapa en el Pontevedra", sinalou o porteiro gaditano, agradecendo o apoio da afección, os ensinos dos técnicos e a confianza da directiva.
"Me hubiese gustado haberle aportado más al club, pero no ha sido posible", recoñeceu sobre o vivido esta tempada en Pontevedra antes de despedirse desexando sorte aos granates no futuro cun "hai que roelo".
@PontevedraCFSAD @pontevedraCF @pontevedraHQR Gracias Granates! pic.twitter.com/O1g6DBttoD
— BJM (@BriianJaen) May 31, 2020
Tras este movemento espérase que nos próximos días o Pontevedra comece a despexar algunhas das incógnitas que rodean ao próximo proxecto deportivo, como saber se tal e como apunta Jesús Ramos seguirá como adestrador do primeiro equipo.
Relacionadas:
-
Edu Sousa: "No tengo contrato en el Pontevedra pero confío y soy optimista en que la situación se pueda resolver"
Por Diego Espiño |
-
Rivera ficha polo Coruxo tras finalizar o seu contrato co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, sen présa e á espera da Segunda División
Por Diego Espiño |
-
Unha planificación deportiva baixo estrito secreto de sumario
Por Diego Espiño |
-
Jaouad Erraji despídese do Pontevedra, que xa prepara a próxima tempada
Por Manu Otero |
-
VÍDEO.- Un gol de Álvaro Bustos ante o Coruxo, elixido o mellor do ano nos equipos galegos de Segunda B
Por Redacción |