Unha planificación deportiva baixo estrito secreto de sumario

Por Diego Espiño
Coma se dun xuízo escabroso se tratase, o Pontevedra Club de Fútbol decretou un estrito secreto de sumario no que respecta a a planificación da próxima tempada, empezando polas renovacións dos futbolistas que terminaban contrato este mes.
O club granate leva varias semanas traballando no seu novo proxecto deportivo, pero garda e impón un celoso silencio aos protagonistas para evitar que se coñezan detalles do mesmo.
Así, aínda que parece segura a continuidade de Jesús Ramos no banco co aval dos seus bos números dirixindo ao equipo nos partidos que estivo ao mando, nin sequera a renovación do marinense, home da casa, é oficial.
O único seguro nestes momentos son os futbolistas que contan con contrato en vigor. Nesta situación atópanse todas as fichaxes do pasado mercado invernal como son Eneko Zabaleta, Adrián Cruz e Rufo, que asinaron por tempada e media salvo o dianteiro, que o fixo para dous máis. Tamén o capitán Edu Sousa e ao central Víctor Vázquez contan con praza no equipo, e seguen tendo vinculación contractual Adighibe, Pol Bueso e Naveira, aínda que non se pode dar por segura a continuidade de todos eles.
Outro que tiña asinado un ano máis era Brian Jaén, pero o gardameta anunciou por redes sociais que chegara a un acordo co club para rescindir o seu contrato, converténdose na segunda baixa oficial tras o cedido Jaouad, que regresa ao Leganés. Ambos se despediron dos afeccionados granates, na única vía de comunicación pública cos seguidores desde o inicio da alerta sanitaria.
José García era o outro cedido do equipo. A súa continuidade interesaría dado o bo rendemento ofrecido, aínda que en todo caso está en mans do seu equipo de procedencia, o Estremadura.
Pola súa banda o resto de xogadores pasaron polas oficinas do club para reunirse co conselleiro encargado da planificación deportiva, Roberto Feáns, e finiquitar o curso. Algúns recibiron por parte do Pontevedra o interese para prolongar os seus contratos, outros con todo seguen esperando esa chamada.
Nesa situación atópanse xogadores como Bustos, cuxo caché e outros motivos máis persoais poden afastarlle de Pasarón, un Romay cuxa renovación parecía encamiñada antes de suspenderse a liga de maneira abrupta, ou Álex González, peza clave nos últimos anos. Tamén Sana, Campillo, Berrocal, Nacho López, Álex Fernández, Pedro Vázquez, Santi Figueroa, Rivera ou o lesionado Javi López están á espera de coñecer o seu futuro, que en moitos casos apunta a lonxe de Pasarón. Ningún quere con todo pechar aínda esa porta.
En moitos destes casos existe unha predisposición para seguir vestindo de granate nun ano que se presenta con dúbidas a nivel deportivo pero moi emocionante, ao estar en xogo non só o ansiado obxectivo de chegar á liga de Fútbol Profesional, senón a clasificación para a Segunda División B PRO, xa que quedar fóra dos 40 mellores equipos supoñería un importante pau a nivel económico.
Relacionadas:
-
Jesús Berrocal queda en Pontevedra á espera de atopar un novo equipo
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O mercado de fichaxes móvese no Pontevedra, primeiro con saídas
Por Diego Espiño |
-
Adighibe e Naveira, con contrato pero na rampla de saída
Por Diego Espiño |
-
Edu Sousa: "No tengo contrato en el Pontevedra pero confío y soy optimista en que la situación se pueda resolver"
Por Diego Espiño |
-
Rivera ficha polo Coruxo tras finalizar o seu contrato co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, sen présa e á espera da Segunda División
Por Diego Espiño |
-
Álvaro Bustos, peza cobizada no mercado da Segunda B
Por Diego Espiño |
-
Pablo Vázquez, o último 'One Club Man' do Pontevedra CF
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Carlos Herrera posa coa "elegantísima" camiseta do Pontevedra
Por Redacción |
-
Brian Jaén non seguirá no Pontevedra: "me hubiese gustado haberle aportado más al club"
Por Diego Espiño |
-
Jaouad Erraji despídese do Pontevedra, que xa prepara a próxima tempada
Por Manu Otero |
-
VÍDEO.- Un gol de Álvaro Bustos ante o Coruxo, elixido o mellor do ano nos equipos galegos de Segunda B
Por Redacción |
-
O Pontevedra traslada ao presidente da RFEF, Luís Rubiales, a súa desconformidade coa resolución da Segunda B
Por Manu Otero |