Fran Matos e Roberto Pazos volven ao Arosa; Sylla, Alberto Cabanyes, Carballa, Marcos e Óscar, renovan
Por Ramiro Espiño
O Arosa contará a próxima tempada con dous xogadores que xa vestiron con anterioridade a camiseta arlequinada: Fran Matos, que formou parte da canteira do club na súa etapa infantil e Roberto Pazos, que xa defendeu a portería arosista no primeiro equipo. O primeiro procede do CD Ribadumia e Roberto chega da SD Portonovo.
O equipo de Jorge Otero contará tamén con dúas das incorporacións que o ano pasado mellor rendemento deron ao equipo, pechando a renovación de Alassane Sylla e Alberto Cabanyes.
Ademais, na súa aposta pola base, a comisión deportiva que encabeza Eduardo Carregal confirmou tamén a continuidade de tres canteiráns: Alberto Carballa, Óscar Iglesias e Marcos Lorenzo. O club esperaba contar igualmente con Rubén Martínez pero o xogador decidiu cambiar de aires e buscará sorte noutro equipo.
Relacionadas:
-
Suso, novo xogador do Arosa
Por Redacción |
-
O Ribadumia de David Sierra, case perfilado
Por Ramiro Espiño |
-
Sergio Lloves defenderá a portería do Arosa
Por Ramiro Espiño |
-
Vitra, Manu Justo e Sergio Santos, novas fichaxes do Arosa, que renova tamén a Hugo Soto e Rivas
Por Ramiro Espiño |
-
Julio Rey regresa ao Arosa e Eloy Fariña renova. Cardeñosa, Álex Freire e Vixo, baixas
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Arosa: Jorge Pérez, Lucas Gallego e Alfonso, non seguen; Aitor Díaz, renova
Por Redacción |
-
Jorge Otero presentado como novo adestrador do Arosa
Por Redacción |