Sergio Lloves defenderá a portería do Arosa
Por Ramiro Espiño
Renovación total na portería do Arosa. Despois de anunciar a fichaxe de Roberto Pazos, procedente do Portonovo, o club arosista chegou a un acordo con Sergio Lloves, que levaba media tempada en paro ao rescindir o seu contrato co Pontevedra o pasado mes de xaneiro.
Tras as baixas de Jorge Pérez e Lucas Gallego, o equipo de Jorge Otero atopou pronto substitutos de garantías, logrando facerse cos servizos de dous gardametas de experiencia e calidade contrastada para a Terceira División.
Lloves chega ao Arosa despois do seu paso por equipos como o Pontevedra, Villalonga, Rápido de Bouzas e CD Choco, ademais dunha tempada en Islandia, e tras frustrarse no principio do ano a súa marcha do Pontevedra a un equipo centroamericano, motivo polo que solicitou e recibiu a baixa federativa do equipo granate, aínda que ao final non se consumou a operación, deixando ao gardameta redondelano sen equipo.
Relacionadas:
-
Suso, novo xogador do Arosa
Por Redacción |
-
Vitra, Manu Justo e Sergio Santos, novas fichaxes do Arosa, que renova tamén a Hugo Soto e Rivas
Por Ramiro Espiño |
-
Fran Matos e Roberto Pazos volven ao Arosa; Sylla, Alberto Cabanyes, Carballa, Marcos e Óscar, renovan
Por Ramiro Espiño |
-
Julio Rey regresa ao Arosa e Eloy Fariña renova. Cardeñosa, Álex Freire e Vixo, baixas
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Arosa: Jorge Pérez, Lucas Gallego e Alfonso, non seguen; Aitor Díaz, renova
Por Redacción |