Suso, novo xogador do Arosa
Por Redacción
O Arosa dá pasos aos poucos na composición do plantel. O último, a contratación de Suso Martínez, futbolista que chega ao club arlequinado procedente do Boiro.
Suso, lateral zurdo de 25 anos, conseguiu o pasado curso o ascenso a Segunda B co seu equipo. Formado na canteira do Pontevedra, onde chegou a xogar no primeiro equipo, o futbolista de Campelo vivirá así a súa segunda etapa no Arosa, club no que estivo cedido media tempada.
Na súa traxectoria Suso pasou ademais por equipos como o Somozas e o Sanxenxo.
Non é a única fichaxe anunciada nas últimas horas, aínda que neste caso para o seu equipo técnico, ao incorporar a Jaime García Formoso como adestrador de porteiros.
Formoso, que xa ocupou ese posto no Pontevedra antes de pasar un ano na canteira do Deportivo, farase cargo da preparación dos gardametas do primeiro equipo, o xuvenil e o cadete.
Relacionadas:
-
Oumar Sidibé reforza o centro do campo do Arosa
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario de competición na Terceira División
Por Redacción |
-
Sergio Lloves defenderá a portería do Arosa
Por Ramiro Espiño |
-
Vitra, Manu Justo e Sergio Santos, novas fichaxes do Arosa, que renova tamén a Hugo Soto e Rivas
Por Ramiro Espiño |
-
Fran Matos e Roberto Pazos volven ao Arosa; Sylla, Alberto Cabanyes, Carballa, Marcos e Óscar, renovan
Por Ramiro Espiño |