Oumar Sidibé reforza o centro do campo do Arosa
Por Redacción
Importante reforzo para o centro do campo do Arosa, ao facerse cos servizos de Oumar Sidibé.
O futbolista, natural de Burkina Faso, incorporarase este mércores á disciplina do equipo arlequinado no adestramento programado por Jorge Otero ás 20:00 horas no campo Manuel Jiménez.
Sidibé chega a Vilagarcía procedente do Boiro, recentemente ascendido a Segunda B, tras unha situación rocambolesca, xa que o club renovara o seu contrato semanas atrás e hai poucos días comunicoulle que debía buscar destino ao non contar con el.
Nese momento e sen perder tempo o Arosa púxose en contacto co futbolista, que contaba con máis propostas pero que terminou por decidirse pola máis próxima.
Antes do seu paso por Boiro Sidibé militou en equipos como o Pontevedra, Deportivo B ou Ribadumia.
Relacionadas:
-
Ribadumia, Arosa e Céltiga vencen no seu debut ligueiro; o Villalonga cae en Vilalba
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario de competición na Terceira División
Por Redacción |
-
Suso, novo xogador do Arosa
Por Redacción |
-
Vitra, Manu Justo e Sergio Santos, novas fichaxes do Arosa, que renova tamén a Hugo Soto e Rivas
Por Ramiro Espiño |