Julio Rey regresa ao Arosa e Eloy Fariña renova. Cardeñosa, Álex Freire e Vixo, baixas
Por Redacción
Despois de tres tempadas desde a súa marcha a terras catalás, Julio Rey Abalo, regresa ao Arosa SC despois do seu paso polo RCD Español, Pobla de Mafumet e CD Ribadumia, club no que militou esta última campaña, tras o seu polémico e frustrado fichaxe polo Deportivo da Coruña.
O canteirán incorpórase así ao equipo de Jorge Otero, no que xa están confirmados Aitor Díaz e Eloy Fariña, que renovou tamén o seu contrato, polo que o extremo de Vilanova afronta aos seus 23 anos a sétima tempada consecutiva no primeiro equipo.
No capítulo de despedidas, o presidente do Arosa, Manuel Abalo, informou a Cardeñosa, Álex Freire e Vixo da decisión da comisión deportiva de non incluílos no plantel do primeiro equipo. O presidente quixo agradecer en nome do club os servizos prestados por todos eles. Cardeñosa incorporouse a pasada tempada, Álex Freire levaba tres e Vixo era un dos xogadores máis veteranos do equipo, tras sete anos no Arosa.
Relacionadas:
-
Sergio Lloves defenderá a portería do Arosa
Por Ramiro Espiño |
-
Vitra, Manu Justo e Sergio Santos, novas fichaxes do Arosa, que renova tamén a Hugo Soto e Rivas
Por Ramiro Espiño |
-
Fran Matos e Roberto Pazos volven ao Arosa; Sylla, Alberto Cabanyes, Carballa, Marcos e Óscar, renovan
Por Ramiro Espiño |
-
Primeiros movementos no Arosa: Jorge Pérez, Lucas Gallego e Alfonso, non seguen; Aitor Díaz, renova
Por Redacción |
-
Jorge Otero presentado como novo adestrador do Arosa
Por Redacción |
-
Piscis deixa de ser o adestrador do Arosa
Por Redacción |