Jorge Otero presentado como novo adestrador do Arosa
Por Redacción
O Arosa presentou na mañá deste luns a Jorge Otero como novo adestrador para a próxima tempada. O técnico de Nigrán faise cargo así do equipo arlequinado, tras decidir a directiva que preside Manolo Abalo non renovar a Piscis.
Cunha aínda curta experiencia como primeiro adestrador, Jorge Otero coñece á perfección a Terceira División, non en balde chega desde o Rápido de Bouzas, onde estivo as dúas últimas tempadas como máximo responsable, e antes como segundo de Juan Carlos Andrés, quen actualmente exerce de segundo técnico de Eusebio Sacristán na Real Sociedad.
Durante o acto de presentación, presidido polo máximo mandatario arlequinado, Manolo Abalo, o presidente quixo deixar claro que Jorge Otero era o primeiro candidato que barallara a súa directiva, a pesar dos nomes que circulaban pola cidade.
Pola súa banda, o novo técnico dixo chegar moi ilusionado a un club coa historia do Arosa, que lle converte nun dos mellores destinos para calquera adestrador en Terceira División, pero non quixo falar de obxectivos máis aló de conformar o equipo e logo ir día a día, sempre coa ilusión de que esa filosofía permítalle ir marcando eses obxectivos cada vez máis ambiciosos.
Relacionadas:
-
Vitra, Manu Justo e Sergio Santos, novas fichaxes do Arosa, que renova tamén a Hugo Soto e Rivas
Por Ramiro Espiño |
-
Fran Matos e Roberto Pazos volven ao Arosa; Sylla, Alberto Cabanyes, Carballa, Marcos e Óscar, renovan
Por Ramiro Espiño |
-
Julio Rey regresa ao Arosa e Eloy Fariña renova. Cardeñosa, Álex Freire e Vixo, baixas
Por Redacción |
-
Primeiros movementos no Arosa: Jorge Pérez, Lucas Gallego e Alfonso, non seguen; Aitor Díaz, renova
Por Redacción |
-
Piscis deixa de ser o adestrador do Arosa
Por Redacción |
-
O Arosa pecha con empate fronte ao Racing Villalbés (1-1) unha discreta tempada
Por Redacción |