O Pontevedra sentencia o Cidade de Ribeira na segunda parte (0-3)
Por Redacción
Segundo partido de pretemporada do Pontevedra CF e primeira vitoria ante o Cidade de Ribeira, equipo de Preferente.
Yago Iglesias regresou ao seu municipio natal apostando por un once diferente ao da semana anterior composto por Manu Vizoso, Javi Fontán, Igor, Churre, Álex González, Iago Novo, Chiqui, Samu, Dalisson, Charly e Héctor Hernández.
A primeira metade saldouse sen goles no marcadoiro, pero tras un lavado de fronte do equipo no descanso, o conxunto granate despregou as súas armas ofensivas e goleou.
Edu Sousa, Mario, Diego, Garay, Marqués, Rares, Yelko e Rufo entraron no intermedio e o primeiro tanto non tardou en chegar por medio do dianteiro madrileño, que bateu a portería rival no minuto 61 para adiantar ao Pontevedra.
Dous minutos despois do gol de Rufo chegou o de Yelko, que puxo o partido moi de fronte para os granates. Yago Iglesias volveu mover o banco e Jairo, Canosa e Román entraron en xogo, sendo este último o que fixo no 74 o gol da sentenza.
Relacionadas:
-
O Pontevedra leva o Trofeo Luis Otero ao vencer o Lugo (1-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
"Una prueba más" para Yago Iglesias nun Pontevedra que está "afianzando ideas"
Por Diego Espiño |
-
Triunfo do Pontevedra contra o Estradense na cuarta cita da pretempada (1-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra pon prezo ás entradas para o Trofeo Luis Otero
Por Redacción |
-
Borja Domínguez, tres semanas de expediente sen resolver no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Derrota pola mínima do Pontevedra no campo do Arenteiro (1-0)
Por Redacción |
-
Derrota do Pontevedra contra o Depor no primeiro amigable de pretempada (0-2)
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Confirmados sete amigables para a pretempada "cargada de partidos" do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra iniciará a liga recibindo o Valladolid Promesas en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Cinco canteiráns do Pontevedra, na busca da súa oportunidade
Por Diego Espiño |
-
Borja Domínguez, o gran ausente no inicio da pretempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra empeza a suar na pretempada
Por Diego Espiño |
-
Kappa, novo patrocinador técnico do Pontevedra
Por Almu Dapena |