Fernando Salgado presenta '¿Qué miras?' en Cuntis con Susi Maquieira, protagonista do libro
Por Redacción
Susi Maquieira Velay naceu en Cuntis fai cincuenta anos e ten máis experiencias vitais que moitas das persoas que lle lanzaron comentarios sarcásticos pola súa estatura.
Promoveu a creación da Asociación Avanzar, que presidiu durante un tempo, para lograr que persoas con discapacidades físicas e psíquicas de distintos municipios tivesen as mesmas oportunidades de gozar de actividades formativas e lúdicas.
Ela é a protagonista do último libro do xornalista Fernando Salgado, que leva por título '¿Qué miras?'.
Nesta narración cóntase como Susi Maquieira lanzouse por nunha tirolesa desde o Morro de Säo Paulo; baixou pola neve en Canadá e viviu como unha estudante en Roma, ademais de realizar outras viaxes a Londres ou ás Illas Canarias. Ten o carné para patronear unha embarcación náutica recreativa, pinta e dedicouse á moda e ao deseño.
Este venres 29 de decembro, ás 20.00 horas, tanto Fernando Salgado como Susi Maquieira falarán sobre este libro nun acto que se realizará na Casa de Cultura de Cuntis con entrada libre.
No acto participarán tamén a escritora Baia Fernández de la Torre e o deseñador da portada Augusto Metztli.
Relacionadas:
-
RADIO.- Se as diferenzas causan prexuízos e incomodan, recomendamos escoitar este 'Cara a cara'
Por Marisa Ciordia |
-
O xornalista e escritor Fernando Salgado presenta na Sala Nauta o seu libro 'Que miras?'
Por Redacción |
-
Fernando Salgado presenta en Pontevedra a súa terceira novela '1306/36', na que rescata a historia de Pancho Varela
Por Redacción |
-
Vilagarcía fai memoria da represión franquista 80 anos despois
Por Redacción |
-
O xornalista Fernando Salgado presenta en Marín o seu novo libro: 'El humo del diablo'
Por Redacción |
-
A historia de Europa narrada dende Vilagarcía: 'Elefantes y hormigas'
Por Anxo Lourido |