Vilagarcía fai memoria da represión franquista 80 anos despois
Por Redacción
A memoria histórica e a represión franquista no oitenta aniversario do golpe militar de 1936 serán as protagonistas da tarde do vindeiro sábado en Vilagarcía de Arousa. O auditorio municipal acollerá as 'Xornadas da memoria. A represión franquista 80 anos despois', que contarán coas intervencións dos especialistas en memoria Marcelino Abuín Duro, Xosé Álvarez Castro, Montse Fajardo Pérez e Luis Bará Torres.
O xornalista de Diario de Pontevedra Fernando Salgado será o encargado de presentar o acto, que comezará ás 16.45 horas do sábado, 30 de abril, na sala de conferencias do auditorio municipal e rematará a partir das 20.30 horas cun coloquio cos asistentes.
A inauguración das xornadas correrá a cargo da da concelleira de Cultura de Vilagarcía, Sonia Outón Casal, e o historiador e ex concelleiro socialista Marcelino Abuín Duro será o encargado da conferencia inaugural, prevista para as 17.00 horas e que leva por título 'Novecento: o novo e o vello en Vilagarcía'.
O historiador pontevedrés Xosé Álvarez Castro, autor de Pontevedra nos anos do medo, impartirá, a partir das 17.45 horas, a conferencia 'Implantar o terror: os mecanismos da represión', tras a que se abrirá un tempo para o coloquio.
Tras un pequeno descanso, a recta final das xornadas correrá a cargo da escritora e xornalista vilagarciá Montse Fajardo Pérez, coa conferencia 'As mulleres, vítimas do golpe de Estado do 36' ás 19.00 horas e o historiador e concelleiro de Patrimonio Histórico de Ponteveda, Luís Bará, que ás 19.45 horas asumirá a conferencia de clausura baixo o título 'As imaxes da memoria'.
O programa pode consultarse aquí.
Relacionadas:
-
Fernando Salgado presenta '¿Qué miras?' en Cuntis con Susi Maquieira, protagonista do libro
Por Redacción |
-
Critican o Concello de Marín por incumprir a Lei da Memoria Histórica
Por Redacción |
-
Dez autores recollen nun libro a "historia invisible" das mulleres de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra rende unha sentida homenaxe ás mulleres represaliadas durante o franquismo
Por Redacción |
-
As asociacións de memoria histórica renovarán o seu compromiso esta fin de semana en Vilaboa
Por Redacción |
-
"As mazás do cesto que teceu Montse abandonan o silencio"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Representantes de familias represaliadas abren as III Xornadas "Represaliadas e resistentes"
Por Redacción |