O xornalista Fernando Salgado presenta en Marín o seu novo libro: 'El humo del diablo'
Por Redacción
O xornalista e escritor Fernando Salgado, do Diario de Pontevedra, presentará este venres 6 ás 20.00 horas o seu último libro titulado 'El humo del diablo'. Será no Ateneo Santa Cecilia de Marín dentro do marco dos Venres do Ateneo.
'El humo del diablo' é a segunda obra despois de 'Elefantes y hormigas' e conta a historia de José Antonio Iglesias "Toni", un empregado dunha multinacional do sector do automóbil en Colombia, veciño de Portonovo (Sanxenxo) que viviu unha auténtica odisea persoal por mor da súa adicción ao "bakuzo", unha droga elaborada coa base sucia da cocaína. O seu consumo levoulle a ter que sobrevivir na marxinalidade polas rúas do barrio do Cartucho, un perigoso suburbio de Bogotá.
Ao longo de 156 páxinas nas que se combinan realidade, novela e xornalismo cóntase a historia deste home co que Fernando Salgado pasou moitas horas conversando.
Na presentación exhibirase un documental no que se recollen filmacións sobre o protagonista.
Relacionadas:
-
Fernando Salgado presenta '¿Qué miras?' en Cuntis con Susi Maquieira, protagonista do libro
Por Redacción |
-
Fernando Salgado presenta en Pontevedra a súa terceira novela '1306/36', na que rescata a historia de Pancho Varela
Por Redacción |
-
A historia de Europa narrada dende Vilagarcía: 'Elefantes y hormigas'
Por Anxo Lourido |