Pontevedra Viva!

Olaya Madrigal Martos

O meu nome é Olaya e cursei Publicidade e Relacións Públicas na Uvigo, case máis pola comunicación que pola publicidade.

Considérome unha persoa intrépida e aventureira, ávida de coñecer canto acontece ao meu redor e miralo dende todas as perspectivas posibles. As miñas paixóns son os animais, a continua aprendizaxe e as viaxes. O meu soño, poder combinalas todas ao longo da miña vida.

Atópome sempre no medio do camiño, colgando entre o que foi e o que puido ser, entre o que é e o que será. Sempre desexosa de máis opcións, de máis coñecemento, de absorber todo canto poida capturar a través dos meus ollos, das letras ou dunha cámara.