Rescatan catro cachorros abandonados nunha caixa ao carón dun contedor de lixo de Vilaboa
Por Redacción
O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra recolleu nos últimos días unha camada de catro cachorros que apareceron abandonados nunha caixa xunto a un colector de lixo en Vilaboa.
Segundo a información facilitada pola Deputación, son dúas femias, Rosalía e Flabia; e dous machos, Aldán e Anxo.
Estímase que teñen preto de vinte días de vida e atópanse en boas condicións.
A Deputación deu a coñecer este rescate este luns ao mesmo tempo que informa de que a Xunta de Galicia concedeu ao CAAN unha achega por preto de 37.000 euros para financiar os gastos derivados de esterilizacións de cans, identificacións con microchip, compra de alimentos e vacinacións realizados nas instalacións da Armenteira.
Todos os cans que saen do centro en adopción fano vacinados, identificados con chip, desparasitados e esterilizados.
Entre o 1 de setembro do 2022 e o 31 de agosto deste 2023, realizáronse un total de 808 identificacións e 394 esterilizacións.
En total, recolléronse 1.511 animais nos 52 concellos adheridos a este servizo na provincia.
Relacionadas:
-
Alfonso Rueda anima a adoptar animais nos refuxios autorizados porque "merecen unha segunda vida"
Por Alejandro Espiño |
-
Vilaboa reclamará este 25N máis atención á violencia machista contra as mulleres maiores
Por Redacción |
-
Investigan unha veciña de Monte Porreiro por deixar morrer de fame no seu piso a tres gatos e un can
Por Oskar Viéitez |
-
504 animais do CAAN da Deputación foron adoptados neste 2023
Por Anxo Lourido |
-
Tina e Tralará poñen rumbo aos seus novos fogares tras ser atendidas no CAAN
Por Redacción |
-
Rescatan seis cachorros que foron abandonados nun contedor de Moraña
Por Redacción |
-
A adopción de Rocky é a número 300 no que vai de ano na protectora provincial
Por Redacción |
-
O CAAN pon en marcha un proxecto de familias de acollida para cans recén nados
Por Oskar Viéitez |
-
Rescatan unha camada de sete cachorros arroxados nun terraplén
Por Redacción |
-
De Sanxenxo a Rianxo, tras converterse no avó do CAAN
Por Redacción |
-
Máis de 600 cans atoparon novo fogar en 2022 tras pasar polo CAAN de Armenteira
Por Redacción |