Rescatan seis cachorros que foron abandonados nun contedor de Moraña
Por Redacción
Apenas tres semanas de vida teñen os seis cachorros que foron rescatados por persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN). Foran lanzados ao interior dun contedor de lixo de Moraña.
Os animais, tres femias e tres machos, atópanse en bo estado de saúde a pesar das circunstancias e estanse recuperando nas instalacións da área de maternidade que este centro da Deputación de Pontevedra ten en Armenteira.
Foi Protección Civil de Moraña a que deu o aviso sobre o achado dos cachorros, tres femias ás que se lles deu o nome de Sary, Maguy e Tula, e tres machos, chamados Tulo, Golfo e Tuco.
Recibirán no CAAN os coidados necesarios ata completar o proceso para saír en adopción, dentro dun par de meses, coa pauta de vacinación completa. Ademais, os animais sairán desparasitados interna e externamente e con chip.
Na actualidade, hai 52 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes adheridos ao CAAN, que traballa co obxectivo de fomentar o dereito á vida dos animais, erradicar o abandono e promover as adopcións.
O centro traballa 24 horas ao día os 365 días do ano, con servizos de recollida e veterinario de urxencia, as adopcións son gratuítas e a persoal asesora as persoas sobre o animal que pode adaptarse mellor ás súas necesidades.
Relacionadas:
-
Rescatan catro cachorros abandonados nunha caixa ao carón dun contedor de lixo de Vilaboa
Por Redacción |
-
504 animais do CAAN da Deputación foron adoptados neste 2023
Por Anxo Lourido |
-
Tina e Tralará poñen rumbo aos seus novos fogares tras ser atendidas no CAAN
Por Redacción |
-
Nova fase da mellora urbana de Santa Lucía co pintado de once rúas
Por Redacción |
-
A adopción de Rocky é a número 300 no que vai de ano na protectora provincial
Por Redacción |
-
O CAAN pon en marcha un proxecto de familias de acollida para cans recén nados
Por Oskar Viéitez |
-
Rescatan unha camada de sete cachorros arroxados nun terraplén
Por Redacción |