Tina e Tralará poñen rumbo aos seus novos fogares tras ser atendidas no CAAN
Por Redacción
As cadelas Tina e Tralalá xa están recuperadas das súas patoloxías e intervencións cirúrxicas practicadas no CAAN e están rumbo aos seus novos fogares nos concellos de Ponteareas e Pontevedra.
Os animais chegaron ao centro da Deputación de Pontevedra en condicións moi delicadas e con fracturas consecuencia dun probable atropelo.
Sen embargo, a situación de Tina era máis grave, pois cando foi recollida en Mos no mes de xuño presentaba tamén un estado practicamente comatoso froito do seu abandono.
Esta cadela mestiza, de 8 anos de idade, estaba desnutrida, tiña unha otitis e garrapatas, e presentaba así mesmo unha fractura de cúbito y radio da extremidade anterior esquerda. Desta lesión foi intervida en Armenteira e a súa recuperación foi un éxito. De non camiñar cando chegou hai cinco meses, saíu do CAAN en perfectas condicións tras ser adoptada por un veciño de Ponteareas.
No caso de Tralará, foi recollida en Meaño no mes de agosto con 10 meses de idade, e presentaba unha fractura distal do úmero da extremidade anterior esquerda.
Para a súa recuperación precisou dunha intervención cirúrxica coa colocación dunha placa e parafusos de bloqueo, operación que tivo lugar o 25 de agosto. A cadela recuperouse tamén satisfactoriamente e puido saír hai días do CAAN cara ao seu novo fogar en Cerponzóns, no municipio de Pontevedra.
Tina e Tralalá súmanse así aos máis de 450 cans e cadelas que neste 2023 lograron a adopción desde o centro.
Relacionadas:
-
Rescatan catro cachorros abandonados nunha caixa ao carón dun contedor de lixo de Vilaboa
Por Redacción |
-
504 animais do CAAN da Deputación foron adoptados neste 2023
Por Anxo Lourido |
-
Rescatan seis cachorros que foron abandonados nun contedor de Moraña
Por Redacción |
-
A adopción de Rocky é a número 300 no que vai de ano na protectora provincial
Por Redacción |
-
O CAAN pon en marcha un proxecto de familias de acollida para cans recén nados
Por Oskar Viéitez |
-
Rescatan unha camada de sete cachorros arroxados nun terraplén
Por Redacción |
-
De Sanxenxo a Rianxo, tras converterse no avó do CAAN
Por Redacción |