De Sanxenxo a Rianxo, tras converterse no avó do CAAN
Por Redacción
O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra despidiu estes días para "Pásalo". Así se chama o can que máis tempo levaba nas instalacións de Armenteira e que agora atopou un fogar en Rianxo.
Con el tamén se marcha "Coa", neste caso unha cadela de dous anos de idade que se atopaba no CAAN e que tamén foi adoptada no mesmo fogar na localidade da Coruña.
"Pásalo" conta con oito anos de idade e fora recollido en Sanxenxo no ano 2020, converténdose no máis veterano. Pasou a chamarse "Nano" na súa nova residencia e, segundo indica o seu adoptante Ángel Antelo, ambos "están felices e relaxados, paseando na leira".
Tras a marcha do animal máis veterano, os que levan máis tempo en CAAN son cans que chegaron no ano 2021.
A nova avoa, que tamén busca adopción, é "Faixa", de seis anos de idade e que foi recollida en Vilanova de Arousa en febreiro do ano pasado cos seus nove cachorros que foron xa entregados en adopción.
Relacionadas:
-
Rescatan catro cachorros abandonados nunha caixa ao carón dun contedor de lixo de Vilaboa
Por Redacción |
-
Tina e Tralará poñen rumbo aos seus novos fogares tras ser atendidas no CAAN
Por Redacción |
-
A adopción de Rocky é a número 300 no que vai de ano na protectora provincial
Por Redacción |
-
O CAAN pon en marcha un proxecto de familias de acollida para cans recén nados
Por Oskar Viéitez |
-
Rescatan unha camada de sete cachorros arroxados nun terraplén
Por Redacción |
-
RADIO.- O educador canino Diego Álvarez inicia nova tempada de Podcans en PontevedraViva Radio
Por Redacción |
-
A canceira de Poio xestionou máis de 80 adopcións durante o pasado ano
Por Oskar Viéitez |