Un condutor sen carné foxe dun control en Pontevedra e acaba detido en Cangas dando positivo en alcol e drogas
Por Redacción
A Garda Civil investiga a un veciño de Cerdedo-Cotobade de 25 anos de idade por darse á fuga nun control da Policía Local de Pontevedra. O mozo acabou sendo interceptado posteriormente pola Garda Civil e deu positivo na proba de alcoholemia.
Os feitos ocorreron o pasado día 7 de abril cando a central operativa do subsector de Tráfico da Comandancia de Pontevedra, alerta ás patrullas de servizo, que un vehículo deuse á fuga a gran velocidade e de forma temeraria, durante un control establecido pola Policía Local no centro urbano de Pontevedra.
Alertadas as patrullas de servizo, unha patrulla de Tráfico de Pontevedra, observa un vehículo circulando a gran velocidade á altura do Km 0.800 da estrada PO-531. Déronlle o alto, pero o condutor fixo caso omiso aos sinais sen deter a súa marcha.
Posteriormente unha patrulla de Tráfico de Vilaboa localizou o vehículo na estación de servizo de servizo de Cangas do Morrazo. Ao identificar o condutor deu positivo na proba de alcoholemia superando tres veces a taxa máxima permitida. Tamén deu positivo na proba indiciaria de drogas. Ademais, os axentes comprobaron que lle figura unha perda de vixencia do permiso de condución por perda de puntos.
As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Garda de Cangas, ademais a Policía Local de Pontevedra instruíu tamén dilixencias como autor dun presunto delito contra a seguridade viaria, por conducir de forma temeraria.
Relacionadas:
-
A ciberdelincuencia redúcese nun 60% na provincia durante o primeiro trimestre do ano
Por Redacción |
-
Dúas persoas feridas leves ao envorcar un vehículo de madrugada en Paredes
Por Redacción |
-
Detido un home por agredir un axente municipal por unha infracción de tráfico
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación nas autoridades de Tráfico polo aumento de alcoholemias positivas en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Unha persoa ferida nunha colisión múltiple entre catro turismos en Marcón
Por Redacción |