Unha persoa ferida nunha colisión múltiple entre catro turismos en Marcón
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida este venres tras verse implicada nun accidente entre catro vehículos ocorrido na parroquia pontevedresa de Marcón.
O accidente ocorreu sobre as 14.15 horas deste venres no quilómetro 6 da estrada PO-542, que une o Nó do Pino coa parroquia de Bora.
Un particular informou ao 112 Galicia dunha colisión múltiple nas proximidades da incorporación coa AP-9 e mobilizouse a efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Pontevedra, os Bombeiros e a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Pontevedra.
Os servizos sanitarios encargáronse de evacuar en ambulancia a unha das persoas implicadas, que foi trasladada ao Hospital Montecelo.