Urxen un informe a Augas de Galicia sobre como afectará o parque eólico de Acibal ao Pontillón do Castro
O Concello de Pontevedra solicitou un informe urxente a Augas de Galicia da Xunta polo proxecto de instalación do parque eólico de Acibal ao entender que existe posibilidade de que afecte ao encoro do Pontillón do Castro. Anabel Gulías, portavoz municipal, indicaba que o tema se tratou en Xunta de Goberno este luns.
"O parque de Acibal preocúpanos", indicou Gulías, asegurando que o proxecto se atopa no nacemento do río Rons, unha das fontes principais de achega de auga ao Pontillón, situado en zona protexida de augas potables. Sinala que os aeroxeradores e a vía eléctrica afectarán á conca do encoro ao estar situados nas zonas de auga subterránea nun espazo que achega auga potable aos municipios de Pontevedra, Bueu, Marín, Poio e Sanxenxo.
O Concello remitiu esta solicitude ao organismo da Xunta o 17 de marzo co obxectivo de que se aclaren os traballos de construción do parque e información sobre as posibilidades de que se xere contaminación e turbidez da auga embalsada, explicou a portavoz do goberno local.
Anabel Gulías afirmou que "estamos preocupados por esta política dá Xunta e sobre os efectos directos do parque do Acibal" e sinala que o goberno local está a favor das enerxías renovables pero non a favor dun plan de instalación de parques que non xeran riqueza no Concello e manteñen unha actitude "depredadora" co medio natural e cos nosos recursos.
Lembrou que na licitación do contrato municipal de subministración eléctrica quedou deserto debido á actitude das multinacionais en relación co certificado de orixe de enerxías, unha acción que cualificou de "chantaxe" xa que os licitadores preguntaban polo prezo de certificación da garantía de orixe. Gulías indicou que habitualmente as empresas garanten nunha porcentaxe maior do 30% a utilización de enerxías renovables e que neste novo contrato producíase un "incremento brutal" por parte destas entidades: "o que din é que se queres enerxía renovable por cinco millóns vas ter que pagar o dobre ou o triplo do que pagabas".
A representante municipal fala de "farsa absoluta" en relación co sistema eléctrico: "non podemos lanzar mensaxes continuas da necesidade de traballar con enerxías renovables a costa do medio ambiente, como se ve nos parques eólicos, ou dos petos das administracións públicas ou dos cidadáns". Reclamou medidas lexislativas reguladoras que garantan o uso de enerxía renovable.
Anabel Gulías lembrou que Pontevedra está afectada tamén os proxectos eólicos de Zudreiro e de Anduriña, parque que afecta a unha zona da Fracha. O Concello de Pontevedra non descarta acudir á vía xudicial ou a calquera outro procedemento "sempre que teña cabida" para paralizar o proxecto que afecta o monte pontevedrés.
Relacionadas:
-
A Real Academia de Belas Artes entende que o Monte Acibal non é "o máis indicado" para a instalación dun parque eólico
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas e a Comunidade de Montes de Baltar irán da man contra o Parque Eólico Serra da Fracha
Por Redacción |
-
Alberto Oubiña quere protexer o "Bosque da esperanza" ampliando o parque forestal da Fracha
Por Redacción |
-
Veciños de Amil reportan oito novos casos de patrimonio en perigo polas obras do parque eólico no monte Acibal
Por Redacción |
-
Pontevedra insta a frear a instalación "masiva" de eólicos que "depredan" recursos e territorios
Por Alejandro Espiño |
-
Bará advirte da tramitación "irregular" para crear o parque eólico Carballoso, que afectará na Lama
Por Juan Manuel García Tajes & Anxo Lourido |
-
Descobren petróglifos sen catalogar nunha andaina pola zona de creación do futuro polígono eólico Acibal
Por Redacción |
-
Veciños de Amil, Xeve e Campo Lameiro solicitan a paralización das obras do parque eólico do Acibal
-
Xeve, en pé de guerra ante o panorama "terrorífico" de estar rodeado por tres parques eólicos
Por Alejandro Espiño |
-
Moraña rexeita ser "terra de sacrificio" nun concorrido Pleno sobre os parques eólicos
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Moraña alegará contra os parques eólicos de Anduriña e de Zudreiro
Por Redacción |
-
Os traballos para acondicionar o parque forestal da Tomba durarán ata 2020
Por Alejandro Espiño |