A Real Academia de Belas Artes entende que o Monte Acibal non é "o máis indicado" para a instalación dun parque eólico
Por Redacción
Residentes en Amil (Moraña), Xeve (Pontevedra) e Campo Lameiro solicitaban un ditame á Real Academia Galega de Belas Artes para que realizase un informe sobre a construción do Polígono Eólico Acibal. Enviaron informes sobre o Patrimonio Natural e Arqueolóxico do Monte Acibal, incluíndo elementos que, segundo os afectados, non se tiveron en conta na elaboración da Declaración de Impacto Ambiental deste proxecto.
A Real Academia emitiu un documento no que afirma que a paraxe do Monte Acibal forma parte dunha contorna na que proliferan os petróglifos. A institución indica que na documentación recibida se constatan novos gravados moi próximos ás instalacións proxectadas, gravados que "non aparecen catalogados na cartografía do Plan Básico Autonómico, razón pola que é previsibible que no futuro continúen sumándose elementos deste tipo á riqueza arqueolóxica da zona".
Tamén se refiren ás turbeiras do Acibal, áreas moi ligadas a xacementos arqueolóxicos nesta zona de Galicia e que, segundo os afectados, requiren de estudo e ese traballo sería incompatible coa continuación das obras e a proliferación de proxectos eólicos neste espazo.
A Real Academia de Bealas Artes recoñece "a existencia de turbeiras e nacentes de auga que propician o pastoreo en réxime de semiliberdade de greas de bestas, gando, principalmente cabalos" e continúa explicando que "esta cuestión é importante para valorar unha zona na que proliferan os petróglifos, e ecosistemas culturais como o do Monte Acibal, que contribúen a explicar a súa distribución polo territorio e pode ser obxecto de futuras investigacións".
Por estes motivos, a institución galega explica que "pese a necesidade de promover as enerxías renovables, o Monte Acibal e o seu entorno non é o máis indicado para a instalación dun parque eólico, dado a excesiva visibilidade dos aeroxeneradores sobre a paisaxe arqueolóxica e a magnitude das obras necesarias para a súa instalación e posterior explotación, como os desterros, accesos para mantemento e tendidos eléctricos".
Os veciños afectados consideran que o ditame corrobora as súas argumentacións en relación a que se trata dun xacemento sen prospeccionar e insisten en que non se trata dunha contorna degradada ou fragmentada.
As persoas afectadas remitirán á Xunta e ao Concello de Moraña este informe. Lamentan que o goberno local siga sen solicitar a paralización das obras.
Ademais, teñen previsto solicitar a ampliación dos elementos patrimoniais do PXOM de Moraña, que consideran "insuficiente", para que inclúa os novos achados achegados pola veciñanza, máis de 40, algúns deles xa arrasados polas obras, segundo alertan os denunciantes.
Relacionadas:
-
Multitudinaria mobilización en Amil "contra os gobernos e especuladores"
Por Redacción |
-
O Consello da Cultura Galega insta a abordar os proxectos eólicos de forma "máis coidadosa e integrada"
Por Redacción |
-
"Indignación" por un novo impacto dos proxectos eólicos no Monte Acibal, a desaparición da Pisada do Mouro
Por Redacción |
-
Detectan petróglifos danados pola acción da maquinaria de construción do parque eólico do monte Acibal
Por Redacción |
-
Celebran un Via Crucis en Moraña para protestar contra o parque eólico do Acibal
Por Redacción |
-
Denuncian a destrución de elementos prehistóricos balizados na zona de obras do parque eólico do monte Acibal
Por Redacción |
-
Veciños de Amil reportan oito novos casos de patrimonio en perigo polas obras do parque eólico no monte Acibal
Por Redacción |
-
Os veciños de Amil denuncian a destrucción de petroglifos nas obras do Parque Eólico Acibal
Por Redacción |
-
Urxen un informe a Augas de Galicia sobre como afectará o parque eólico de Acibal ao Pontillón do Castro
Por Juan Manuel García Tajes & Anxo Lourido |
-
Descobren petróglifos sen catalogar nunha andaina pola zona de creación do futuro polígono eólico Acibal
Por Redacción |