O antigo edificio xudicial da Parda, obxecto dunha mellora valorada en máis de 221.700 euros
Por Redacción
O antigo edificio xudicial da Parda será obxecto finalmente dunha serie de actuacións de mellora pendentes desde a inauguración dos xulgados novos. Trátase dunha serie de obras que todo o persoal de Xustiza leva anos demandando e que a Xunta de Galicia vai sacar a licitación por máis de 221.700 euros.
As actuacións van mellorar os espazos que ocupan a subdirección do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), o decanato, o xulgado de garda, o servizo de seguridade e os despachos dos sindicatos. Ademais, inclúen o pintado de parámetros interiores e das escaleiras de emerxencia.
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, mantivo este mércores un encontro con representantes da Administración de Xustiza de Pontevedra para trasladarlles as medidas de acondicionamento previstas. Á reunión acudiron a xuíza decana de Pontevedra, Belén Rubido; o secretario coordinador provincial de Pontevedra, José Miguel Formoso Sobrado; e a subdirectora do Imelga en Pontevedra, Beatriz Otero.
Entre os traballos previstos destacan a instalación de tomas de voz e datos e de paneis led nestas instalación ou o incremento nos sistemas de protección e medidas de seguridade.
No caso do Imelga renovaranse os aseos e instalarase un termo eléctrico.
No xulgado de garda renovarase a climatización cunha nova bomba de calor e reformarase o espazo.
No decanato destaca a substitución da carpintería interior de aluminio, incluído o acristalamento do mostrador.
Desde a inauguración en 2019 do novo edificio xudicial, o inmoble antigo está destinado á xurisdicción penal, a Fiscalía Provincial e o Imelga.
Relacionadas:
-
O vello edificio xudicial da Parda estará en obras a partir de xuño
Por Redacción |
-
SPJ-USO aplaude a reforma nos vellos xulgados, a pesar de que non os convidaron á reunión na que se anunciou
Por Natalia Puga |
-
Belén Rubido, reelixida decana dos xuíces de Pontevedra para un segundo mandato
Por Natalia Puga |
-
Os edificios xudiciais de Pontevedra, enchoupados
Por Redacción |
-
O Consello da Maxistratura de Bos Aires coñece o proxecto "funcional" dos xulgados da Parda
Por Redacción |
-
Os "problemas de saúde e seguridade" do Xulgado de Garda, cabalo de batalla dos traballadores da Xustiza
Por Redacción |
-
Os xuíces pontevedreses poñen deberes á Xunta: que as obras dos vellos xulgados terminen "canto antes"
Por Natalia Puga |