Alfonso Rueda: "Pontevedra non pode ser unha illa que non quere empresas. Todas as cidades pelexan por elas"

Por Alejandro Espiño
Desde a Xunta de Galicia farán "todo o posible" para que, "pase o que pase" coa sentenza do Tribunal Supremo sobre Ence, "Pontevedra teña futuro". Así o asegurou este luns, o día antes do fallo do alto tribunal, o presidente galego, Alfonso Rueda.
Na súa intervención nun acto do PP con empresarios da cidade, que se celebrou no Liceo Casino, Rueda puxo en valor a "importancia" que ten a fábrica pasteira no tecido económico de Pontevedra e os "centos de familias" que viven da súa actividade.
"Espero non ter que lamentar nada", sostivo o titular da Xunta, que subliñou que "me preocupa moito" que o Goberno recoñeza agora que "non ten plan B" para afrontar as consecuencias dunha posible "situación non desexada".
Tras sinalar que Ence é unha "potencia industrial" na comarca, Alfonso Rueda lembrou que "sen futuro económico non hai futuro", polo que reiterou que Pontevedra "non pode permitirse dar un paso atrás" e seguir perdendo oportunidades.
Rueda destacou que Pontevedra "non pode ser unha illa que non quere empresas", máxime cando nestes momentos "todas as cidades pelexan por elas" e estas, ante a falta de apoio municipal, "están a instalarse noutros sitios e non aquí".
"Quero que a miña cidade sexa atractiva e para iso fan falta ideas, propostas e xente que as mova", sentenciou o presidente da Xunta, en referencia a Rafa Domínguez, o candidato co PP tentará recuperar a Alcaldía de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Pedrosa, de CCOO, sobre a sentenza que garante a permanencia de ENCE: "É un fracaso de Lores e do BNG"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
ENCE, ata 2073: O Tribunal Supremo avala a continuidade da pasteira en Lourizán
Por Alejandro Espiño |
-
Anabel Gulías, portavoz do goberno local, á espera da sentenza do TS sobre Ence: "agardamos que non se legalice o roubo da ría"
Por Anxo Lourido |
-
"Somos optimistas, vamos a ganar", afirman os traballadores de ENCE
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez desgrana ante os empresarios o seu plan para "reverter" o rumbo económico de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Representantes empresariais e laborais visibilizan o apoio á permanencia de ENCE en Lourizán
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
"No hay plan B" no Goberno se o Supremo anula definitivamente a concesión de ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
Ana Pontón, sobre ENCE: "Agardamos que a sentenza que xa temos se ratifique porque sería sorprendente que iso non se fixese"
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
7 de febreiro, data clave para ENCE: O Supremo examinará a anulación da súa prórroga
Por Alejandro Espiño |