A APDR vai "cínico e incoherente" a Rafa Domínguez polas súas críticas ao parón do Plan Social de ENCE
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) critica ao presidente local do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, polas súas declaracións dos últimos días nas que censura á empresa Ence por paralizar o seu Plan Social desde o ano 2019. O presidente do colectivo ecoloxista, Antón Masa, considera que o seu comportamento é "cínico e incoherente" cando é de todos coñecido o seu apoio á pasteira.
Así, a APDR sinala que estarían "nun estado de fondo desconcerto" se non coñeceran que é un "defensor a ultranza" da empresa e que "mesmo obvia a lexislación" para apoiar a permanencia da empresa na Ría de Pontevedra e apoiou coa súa presenza o "bochornoso" boicot da empresa ao pregón das festas da Peregrina-2021.
Así, desde o colectivo ecoloxista lembran que Domínguez "aplaude a busca de solucións xurídicas ilegais" que permitan pasar por riba das sentencias da Audiencia Nacional que declaran ilegal a prórroga concedida polo Goberno de Mariano Rajoy.
En canto a estas recentemente realizadas declaracións afeando que se paralizara o Plan Social, Antón Masa recoñece que lle "sorprende" que teña agardado tanto tempo en tomar esta decisión, pois lembra que "gardou o máis absoluto silencio" cando en repetidas ocasións a APDR denunciou esta situación.
"Por que estivo calado tanto tempo? Que lle fai romper o seu silencio e denunciar agora o incumprimento nos últimos anos?", pregúntanse desde a APDR, e lembran que Ence tampouco cumpriu ese compromiso no ano 2016.
A asociación ecoloxista fala dunha posible estratexia electoral por parte do PP. "Poida que Domínguez teña aprendido xa que en Pontevedra non se poden gañar as eleccións locais enfrontándose á maioría social que esixe a saída de ENCE da Ría", sinalan.
Relacionadas:
-
20 anos tras a condena a ENCE por delito ecolóxico: "A pesar do que a xente poida crer é un fito moi importante"
Por Almu Dapena |
-
A APDR celebra este sábado o 20 aniversario da condena a Ence por delito ecolóxico
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez presenta o seu plan de acción para as municipais: "Salimos a por la mayoría"
Por Redacción |
-
A Xunta, "descontenta" con ENCE por suspender o seu plan social en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Rafa Domínguez asegura que "no me vale" que Ence diga que retomará o seu Plan Social se o Supremo lle devolve a concesión
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE só retomará o seu plan social se o Supremo lles devolve a súa concesión
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez censura que ENCE paralizara o seu plan social: "Han roto su compromiso"
Por Alejandro Espiño |