20 anos tras a condena a ENCE por delito ecolóxico: "A pesar do que a xente poida crer é un fito moi importante"
Por Almu Dapena
Este 12 de novembro foi a data elixida pola Asociación pola Defensa da Ría (APDR), presidida por Antón Masa, para conmemorar os vinte anos da condena a Ence e Elnosa por delito ecolóxico.
O acto celebrouse no Centro Social Gorgullón, situado na Rúa Curtidoira, e estivo encabezado por Masa e polo avogado da Asociación e ex concelleiro de Pontevedra, Vicente Legísima, que charlaron sobre a resolución xudicial e a repercusión que tivo sobre a posterior actividade da APDR.
Antón Masa destacou que celebrar estes 20 anos da condena é algo "oportuno, porque a pesar do que a xente poida creer é un fito moi importante, sobre todo porque naquel momento era algo moi difícil que sucedera".
De feito, recordou que ENCE é a única fábrica de pasta de papel no Estado Español que está condenada por delito ecolóxico, algo que ocorreu tras unha querella presentada no ano 1990 pola xunta directiva da APDR, que consideraba que a fábrica causaba "danos irreparables no medio ambiente".
Remontáronse tamén ao ano 1989, cando "Tafisa vertía no regato de Valdecorvos" e foi denunciada por iso. Lembrou Legísima que a auga saía a temperaturas "moi elevadas", chegando aos "60-70 graos", e esas dilixencias que se abriron contra a fábrica, chegaron ao xulgado e "a raíz desa denuncia, o xuíz comentou que xa había unha denuncia contra Ence", algo que aproveitaron para formular a querela para que posteriormente o xuízo se levase a cabo e "demostrar que contaminaban".
Pasou moito tempo desde iso, anos nos que "pasamos recopliando probas e informes" nos que aparecía a "existencia de mercurio" e, polo tanto, "o grave dano á saúde" que causaban Ence e Elnosa.
"Viuse cumplido cando se sentaron no banquillo os directivos", destacou o avogado, que recordou que produciuse un "acordo de conformidade entre o fiscal e a defensa dos acusados", sentenciándoos así a unha pena "inferior á pedida pola acusación e da que algúns quedaron absoltos".
Relacionadas:
-
O Igape asegura que a fábrica de Ence nas Pontes é compatible coa de Lourizán
Por Redacción |
-
ENCE critica á APDR por 'celebrar' sucesos relacionados "cunha empresa do pasado"
Por Redacción |
-
A APDR celebra este sábado o 20 aniversario da condena a Ence por delito ecolóxico
Por Redacción |
-
A APDR vai "cínico e incoherente" a Rafa Domínguez polas súas críticas ao parón do Plan Social de ENCE
Por Redacción |
-
A APDR apunta á "evidente responsabilidade de Ence" na seca do Lérez
Por Redacción |