O Lérez necesita as chuvias habituais do outono para estabilizar o seu caudal
Por Alejandro Espiño
Estable. Así se atopa actualmente o caudal do río Lérez. Tras unha pequena subida rexistrada nos últimos días, o nivel de auga sitúase en 1,9 metros cúbicos por segundo.
Esta cifra está por encima do caudal ecolóxico do río, que no mes de outubro fíxase en 1,7 metros cúbicos por segundo, pero non é suficiente, segundo as autoridades, para que a conca do Lérez salga da situación de prealerta por seca.
"Necesitamos as chuvias habituais do outono", segundo sinalou a edil responsable do ciclo da auga, Carme da Silva, que destacou que as previsións avisan de precipitacións "importantes" para os próximos días.
Iso si, Da Silva advertiu de que "non sabemos o tempo que van a durar" ou se serán suficientes para poder levantar a situación de prealerta.
O caudal mínimo do río, explicou a concelleira pontevedresa, "está cada vez un pouco máis alto", debido sobre todo a que o consumo de auga estabilizouse, nuns 28.450 metros cúbicos ao día. Nestes momentos, con todo, o caudal non sempre supera os 1,8.
Pola súa banda, o encoro do Pontillón do Castro, que se mantén como reserva ante unha posible escaseza de auga, reduciu lixeiramente a súa ocupación ata o 81,12%.
Da Silva, ante esta situación, volveu a facer un chamamento para que se faga un consumo responsable da auga, xa que o cambio climático provocou que este tipo de episodios de seca "non vaian a ser esporádicos ou illados".
O que ratificou a concelleira do BNG é que, co caudal actual do Lérez, non é posible que a empresa Ence poida retomar a súa actividade.
Co consumo actual que realiza a factoría, uns 0,5 metros cúbicos de auga por segundo, non se cumpriría o caudal ecolóxico do Lérez, ao quedar con 1,4 metros cúbicos por segundo.
Para que poida volver captar auga, segundo Carme da Silva, a situación do río ten que normalizarse, como mínimo, por encima dos 2,2 metros cúbicos por segundo.
Relacionadas:
-
Suspendida a actividade de piragüismo en Ponte Sampaio por temor á suba do caudal do Verdugo-Oitavén
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
As restricións de auga pola seca serán retiradas a vindeira semana
Por Redacción | Creada e actualizada
-
ENCE permanece sen actividade industrial pola rotura da tubaxe de abastecemento de auga
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Semana de chuvias nas Rías Baixas con refachos fortes de ventos do sur
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez admite que se estudan fórmulas para reutilizar augas da depuradora en ENCE
Por Redacción |
-
Mantense a situación de prealerta pola seca porque o caudal do Lérez segue baixo
Por Redacción |
-
Amplían á conca do Verdugo e o Oitavén a prealerta pola seca, que se mantén no Lérez
Por Redacción |