Medio centenar de alumnos queda sen comedor escolar no Instituto de Cotobade
Por Oskar Viéitez
O inicio do curso escolar 2022/2023 non estará exento de polémica en Cerdedo-Cotobade. Segundo informou o grupo municipal do Partido Socialista, este mércores moitos pais de alumnos matriculados no IES de Cotobade comprobaron nun listado exposto no taboleiro de anuncios do centro educativo que os seus fillos non podrán asistir ao comedor escolar, situado no centro de primaria de Tenorio.
Medio centenar de alumnos se verán perxudicados pola entrada en vigor do Decreto 132/2013 de 1 de agosto que regula os comedores escolares e determina as diferentes categorías dos mesmos en base á súa capacidade, sendo o de Tenorio de clase C, cunha capacidade de ata 250 comensais usuarios. Según esta normativa 50 rapaces quedarán sen este servicio o presente curso escolar.
Os socialistas de Cerdedo-Cotobade anunciaron que presentarán unha iniciativa instando á Consellería de Educación a modificar a categoría do comedor escolar de xeito excepcional e por este ano dadas as circunstancias e subilo á categoría D. Isto suporía a contratación dun auxiliar de cociña e contribuiría a que todos estes rapaces puidesen ser beneficiarios do comedor escolar.
"Non pode ser que a Xunta, por aforrar a contratación dun profesional, os deixe fóra deste servicio", afirman dende o PSOE.
Esta situación é todavía máis problemática os martes, xa que os rapaces teñen horario de tarde e só dispoñen dunha hora para comer, esto significa que moitos dos alumnos carecen de tempo e de transporte para achegarse aos seus domicilios.
Os socialistas destacan que "todo o alumnado debe ter as mismas posibilidades e beneficiarse dos mesmos servicios e a educación debe ser garante destes dereitos".
Relacionadas:
-
Contratarán un auxiliar de cociña para dar solución ao comedor escolar no IES de Cotobade
Por Oskar Viéitez |
-
Buscan unha solución "urxente" para que todo o alumnado do instituto de Cotobade teña comedor escolar
Por Redacción |
-
Día de festa na zona monumental pola volta ao cole
Por Mónica Patxot |
-
As aulas de Sanxenxo ábrense para recibir 2.084 escolares
Por Redacción |
-
Xa está operativo o aparcadoiro disuasorio nas proximidades do CEIP Lourido
Por Redacción |
-
Remata a rehabilitación integral e enerxética do CEP Sequelo de Marín
Por Redacción |