Día de festa na zona monumental pola volta ao cole
Por Mónica Patxot
Tras non poder celebrala os dous últimos anos pola pandemia, a gran festa de volta ao cole que organizan os comerciantes de Zona Monumental regresou este mércores.
Un día antes de que os máis pequenos regresen ás aulas as principais prazas do centro histórico convertíronse en todo un campo de xogos.
Na praza de Curros Enríquez houbo un taller de arte colaborativa e un rocódromo de oito metros, mentres que Méndez Núñez acolleu un taller de pinta caras e unha ludoteca creativa.
Pola súa banda, en Valentín García Escudero xogaron nun taller de manualidades e na rúa Serra, diante da praza de abastos, cunha pista americana e un crocodilo inchable.
E ainda que non houbo o mellor tempo, a programación incluiu, como é tradición, a festa da escuma na Praza da Pedreira.
Relacionadas:
-
Medio centenar de alumnos queda sen comedor escolar no Instituto de Cotobade
Por Oskar Viéitez |
-
As aulas de Sanxenxo ábrense para recibir 2.084 escolares
Por Redacción |
-
Xa está operativo o aparcadoiro disuasorio nas proximidades do CEIP Lourido
Por Redacción |
-
Remata a rehabilitación integral e enerxética do CEP Sequelo de Marín
Por Redacción |