Un curso da UNED analizará en Pontevedra os cambios producidos pola última reforma laboral
Por Redacción
A UNED en Pontevedra analizará os cambios producidos no mercado laboral a última reforma aprobada a través da Real Decreto Lei 32/2021 no transcurso dun curso que impartirá entre o 13 e o 17 de xuño nas súas instalacións universitarias de Monte Porreiro en horario de 17 a 21 horas, aínda que tamén poderá ser seguido en liña en directo ou en diferido.
Esta iniciativa formativa da UNED en Pontevedra vén motivada pola gran demanda existente entre o alumnado e o público en xeral e especialmente a aquelas persoas que cursan, grao en Relacións Laborais, en Administración e Dirección de Empresas, en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas, en Economía, en Educación Social e en Traballo social.
En definitiva, este curso que terá un custo de 24 euros por alumno matriculado, pretende capacitar ao alumnado para realizar unha análise pormenorizada dos efectos da aplicación da reforma laboral no día a día das relacións laborais de empresas e persoas traballadoras, así como analizar o impacto da Real Decreto-Lei 32/2021, no marco das relacións laborais.
O curso está dirixido por Vicente Gonzalez Radio, catedrático de Universidade e actuará como relator Eva María Mariño Paz, diplomada en Relacións Laborais. Todo baixo a coordinación do Departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, que dirixe Rafael Cotelo Pazos.
TRES DÍAS DE INTENSA ACTIVIDADE
A xornada do luns, 13 de xuño, estará dedica a analizar a nova regulación da contratación laboral; a reforma dos procesos de negociación colectiva e subcontratación; e os Mecanismos RED.
O miércores 15 de xuño, un novo módulo abordará os cambios no sistema de bonificacións nas cotas empresariais á seguridade social e as modificacións na LISOS.
O venres 17 a xornada centrarase na modificación da Lei 32/2006 do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no Sector da Construción; a análise das disposiones adicionais do RD 32/2022 e finalizarase este curso formativo coas conclusións e valoracións finais nos que terá protagonismo activo a participación dos alumnos rexistrados e matriculados neste curso.
Relacionadas:
-
A UNED invita o presidente do Senado a asistir aos actos do 50 aniversario do Centro Universitario en Pontevedra
Por Redacción |
-
Finaliza o curso de envellecemento cognitivo impartido pola UNED de Pontevedra no Centro Penitenciario da Lama
Por Redacción |
-
O conselleiro Román Rodríguez apadriña a promoción do curso senior da UNED sobre Filosofía Española
Por Redacción |
-
Carmela Silva destaca o poder transformador do municipalismo no foro local pola Axenda 2030
Por Redacción |
-
A UNED presenta os seus oito Cursos de Verán que se desenvolverán en Pontevedra, A Lama, Lalín, Portas e Vigo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |