O conselleiro Román Rodríguez apadriña a promoción do curso senior da UNED sobre Filosofía Española
Por Redacción
O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, Román Rodríguez González, actuou como padriño da promoción do Curso Sénior da UNED sobre Historia da Filosofía Española que deu por rematado o seu periplo cun acto moi emotivo no que participou o coordinador de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, Rafael Cotelo Pazos; o profesor da aula sénior, Marcelino Agís Villaverde, as profesoras Rocío Carolo e Alba Iglesias e a representante dos alumnos do curso, Cochi Rodríguez Prendes.
Rafael Cotelo desculpou a ausencia do director do Centro da UNED en Pontevedra, Víctor M. González Sánchez debido a compromisos académicos que lle impediron estar neste acto, como era o seu desexo, e agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia, Deputación Provincial, Concello de Pontevedra así como dos profesores, persoal do centro e os propios alumnos e alumnas ás que felicitou polo seu alto nivel de implicación e participación.
O coordinador de Extensión Universitaria da UNED en Pontevedra destacou o compromiso dos asistentes ao curso así como o do propio centro universitario e engadiu que "modestamente, creo que todos hemos alcanzado los objetivos propuestos a la hora de hacer balance de un ciclo que ahora se completa. Nuestra labor era poner los medios para que fuese posible, y tengo la firme convicción de que, gracias a ello, hoy, sois todos más sabios. Muchas gracias por vuestra participación".
Cotelo agradeceu a presenza ao conselleiro Román Rodríguez e permitiuse facer unha confidencia e dixo: "con su permiso el Sr. Conselleiro, diré que usted tiene ya una larga relación con este Centro. Desde su etapa de concejal en el Concello de Lalín, propició la apertura del Aula Universitaria de la UNED en Lalín, que tantos frutos ha dado y que en este el último año ha tenido un gran impulso".
Pola súa banda, a profesora Rocío Carolo centrou a súa intervención en reflectir o proceso formativo e a experiencia vital compartida ao longo do periplo do curso intercalando vivencias con paralelismos filosóficos obxecto do estudo dos participantes sénior da UNED o que concitou a compracencia e asentimento do alumnado presente.
A continuación tomou a palabra o profesor e coordinador dos cursos de filosofía, Marcelino Agís Villaverde, quen despues de agradecer ao conselleiro a súa presenza e a Rafael Cotelo a colaboración da UNED, fixo unha completa e pormenorizada descrición do proceso formativo vivido polo alumnado sénior da UNED en Pontevedra destacando, á vez que se ían proxectando diversas fotografías nunha pantalla xigante, as actividades académicas, a docencia en aula, actos de fin de curso, exposicións, debates, conferencias e o premio "Amicus Philosophiae", co que se premia aos estudantes sénior.
Agís Villaverde tamén fixo un repaso das actividades culturais, visitas a exposicións de pintura como a de Alberto Vidal Pazos titulada "Rostros da Filosofía", visita ao Castro da Subidá (Marín), presentación de libros, excursións polo Roteiro do Padre Sarmiento, coñecementos enoturísticos, comidas de confraternidade, música, publicacións, etc.
Finalmente, tomou a palabra o conselleiro Román Rodríguez, quen se mostrou moi emocionado por apadriñar a esta promoción "tan especial para min" e destacou o valor e a importancia da volta ás aulas e ao estudo de persoas que xa cumpriron unha idade e que "por elo teñen maior mérito se cabe". Rodríguez animou aos presentes para seguir polo camiño da formación e atreveuse, tras escoitar a Marcelino Agís que degustaran un lacón con grelos nun municipo do litoral, a suxerirlles que a próxima vez que desexasen comer un bo cocido tíñano que facer nun concello do interior e para máis acenos, o conselleiro insinuou que Lalín sería un lugar ideal.
COTELO: "QUIEN PISA FUERTE DEJA HUELLA Y VOSOTROS LA HABÉIS DEJADO AQUÍ"
O acto finalizou coa entrega das orlas e a interpretación de varias pezas a cargo do trío musical "Cae de Caixón" formado por alumnos sénior da UNED e o agradecemento final de Rafael Cotelo quen anunciou que para o próximo curso "ampliaremos la oferta de la UNED Sénior, con una asignatura de Derecho, muy interesante, con visita a los Juzgados, a la Audiencia Provincial y al Parlamento de Galicia. Otra asignatura tratará sobre el Cambio Climático y el medioambiente y también realizaremos salidas culturales. Estamos programando algo que lleva música y movimiento, pero aún no os lo puedo desvelar. No quiero hacer spoiler. Así que estar atentos a las novedades del próximo curso. Para despedirme os dejo una frase, que es la siguiente: "Por corto que sea el camino, quien pisa fuerte deja huella". Todos vosotros habéis dejado vuestra huella en este Centro. Muchas gracias por vuestra atención e implicación".
Relacionadas:
-
A Aula Universitaria de Portas acolle o curso da UNED titulado "Medios de comunicación e política"
Por Redacción |
-
A UNED invita o presidente do Senado a asistir aos actos do 50 aniversario do Centro Universitario en Pontevedra
Por Redacción |
-
A UNED abre o mes de xullo cos cursos de verán
Por Redacción |
-
Finaliza o curso de envellecemento cognitivo impartido pola UNED de Pontevedra no Centro Penitenciario da Lama
Por Redacción |
-
Recambio xeracional e atraer talento investigador, retos do reitor Manuel Reigosa na súa nova etapa
Por Oskar Viéitez |
-
Un curso da UNED analizará en Pontevedra os cambios producidos pola última reforma laboral
Por Redacción |
-
Carmela Silva destaca o poder transformador do municipalismo no foro local pola Axenda 2030
Por Redacción |
-
A UNED presenta os seus oito Cursos de Verán que se desenvolverán en Pontevedra, A Lama, Lalín, Portas e Vigo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |