A UNED presenta os seus oito Cursos de Verán que se desenvolverán en Pontevedra, A Lama, Lalín, Portas e Vigo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto ao director do Centro Asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en Pontevedra, Víctor Manuel González, presentaron este luns os Cursos de Verán que desenvolverá esta institución académica en Pontevedra, A Lama, Lalín, Portas e Vigo.
Víctor Manuel González agradeceu a colaboración das institucións nestes oito cursos, destacando que cinco deles están dirixidos por mulleres. Pola súa banda, Miguel Anxo Fernández Lores resaltou que os cursos "tratan sobre cuestións de gran interese" e expresou o seu desexo de que quen veña a Pontevedra "gocen a experiencia e aprendan moito" á vez que destacou que "a UNED axuda a moitísima xente que está a compatibilizar a actividade profesional con novas formacións".
Tamén Carmela Silva agradeceu á UNED "o seu compromiso coa provincia" e indicou que na Deputación consideran que investir nela máis de 300.000 euros ao ano "é moi grande porque garante unha formación de alto nivel".
Os cursos de verán son un reflexo dos ensinos e investigacións desenvolvidas pola Universidade que pretenden ampliar coñecementos e mellorar competencias de quen os realiza. Para iso deseñáronse programas moi actuais, que en moitos dos casos son abordados de forma interdisciplinar e aplicada.
Miles de alumnos acoden anualmente a estes cursos o que, segundo afirman os propios organizadores, demostra que a UNED dá resposta a unha demanda social, incorporando ao debate os temas de actualidade e os avances en todas as áreas.
CURSOS
O Centro Asociado UNED Pontevedra acollerá do 6 ao 8 de xullo o curso titulado: "Quoi de neuf? Experiencias e propostas para a aula virtual de francés", dirixido por Esther Juan Oliva e que abordará o uso das tecnoloxías na aula de idiomas e neste caso, concretamente nas aulas de francés.
Nas mesmas datas desenvolverase o curso "Economía circular e Axenda 2030. Un camiño cara á sustentabilidade", dirixido por Ester Méndez Pérez que pretende que o público asistente coñeza que é a Axenda 2030, cales son os seus obxectivos e que medidas propóñense para alcanzalos, como se pode pasar dunha economía lineal a unha economía circular como medio para lograr un crecemento máis sostible desde os ámbitos social, ambiental e económico e como se pode contribuír desde as institucións, a educación ou como cidadáns.
O terceiro curso programado en Pontevedra titúlase "Portadas de igrexas medievais no Camiño de Santiago: orixe e evolución dos programas figurativos monumentais", dirixido por Inés Monteira no que estudarán as portadas das igrexas máis emblemáticas do Camiño de Santiago tratando de lanzar luz sobre o seu significado e papel histórico, debullando as súas mensaxes e as claves da súa xestación para comprender a importancia que a fachada terá nas igrexas a partir de entón.
Na aula da UNED no Centro Penal da Lama impartirase o curso "Envellecemento cognitivo: prevención da deterioración e intervención neuropsicolóxica", dirixido por Carmen Díaz Mardomingo. Será do 27 ao 29 de xuño.
Na aula da UNED en Lalín programouse, do 18 ao 20 de xullo, o curso "Que cambia en Educación Infantil coa LOMLOE?", dirixido por Raúl González Fernández, no que se presentarán os principais cambios introducidos na etapa de Educación Infantil a partir do desenvolvemento do novo marco lexislativo. Ao mesmo tempo, ofreceranse perspectivas didácticas e pedagóxicas que permitan aos docentes desta etapa implementar na aula os novos saberes e enfoques recolleitos na lexislación vixente, así como adoptar unha nova perspectiva para o desenvolvemento das destrezas instrumentais básicas.
"Medios de comunicación e política" é o nome do curso que se ofrecerá na aula da UNED en Portas. Este curso, dirixido por Juan Jesús González Rodríguez, propón abordar a crise da prensa de referencia en paralelo coa irrupción das redes sociais. Será do 13 ao 15 de xullo.
A aula da UNED en Vigo acollerá dous cursos este verán, ambos os do 11 ao 13 de xullo. Por unha banda, tratarase "A erradicación da violencia contra as mulleres: obxectivo central da axenda 2030", coa dirección de Teresa San Segundo Manuel. O outro curso leva por título "Os malestares na cultura hoxe. Unha perspectiva filosófica" e está dirixido por Jesús M. Díaz Álvarez.
Relacionadas:
-
A UNED invita o presidente do Senado a asistir aos actos do 50 aniversario do Centro Universitario en Pontevedra
Por Redacción |
-
A UNED abre o mes de xullo cos cursos de verán
Por Redacción |
-
Finaliza o curso de envellecemento cognitivo impartido pola UNED de Pontevedra no Centro Penitenciario da Lama
Por Redacción |
-
O conselleiro Román Rodríguez apadriña a promoción do curso senior da UNED sobre Filosofía Española
Por Redacción |
-
Un curso da UNED analizará en Pontevedra os cambios producidos pola última reforma laboral
Por Redacción |
-
Carmela Silva destaca o poder transformador do municipalismo no foro local pola Axenda 2030
Por Redacción |
-
Case 600 curtas preséntanse ao festival Visualízame Audiovisual e Muller da UNED
Por Redacción |
-
Elcano e a Filosofía en España centran as conferencias deste mércores na UNED
Por Redacción |
-
O galardoado barista Jaime Rodríguez Trigás impartirá un curso sobre o whisky escocés na UNED
Por Redacción |
-
A UNED acolle a proxección do documental "A parroquia do alén" dirixido por Rafael Quintía
Por Redacción |
-
Case tres mil refuxiados ucraínos aprenden castelán da man da UNED Pontevedra
Por Redacción |