Retirar tráfico motorizado das beiras do Lérez, un dos obxectivos marcados no Plan de Mobilidade Urbana Sostible

Por Redacción
O Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) que o Concello de Pontevedra está a elaborar e que verá a luz completo en próximas datas, recolle a rede de corredores verdes organizada ao redor dos tres ríos que discorren pola zona urbana, deixando á marxe o Verdugo ao seu paso por Ponte Sampaio.
Tres espazos encaixan na definición que fai a Lei de Cambio Climático e Transición Ecolóxica destes "corredores verdes intraurbanos que conecten os espazos verdes coas grandes áreas verdes periurbanas", necesarios nos municipios de máis de 50.000 habitantes para reducir as emisións e favorecer os desprazamentos activos a pé ou bicicleta asociándoos con hábitos de vida saudable.
Estas zonas son A Xunqueira de Alba, o río Lérez e o río dos Gafos, espazos que conflúen no paseo peonil das beiras do Lérez. No Espazo Natural de Interese Local (ENIL) de Alba directamente a través do parque, e no do río Lérez a través das avenidas de Bos Aires, Uruguai e As Corvaceiras por onde ambos chegan á desembocadura do Gafos, que vén atravesando cunha zona verde todo o barrio de Campolongo.
Trátase de zonas que colocan a Pontevedra como un lugar punteiro na integración de espazos naturais dentro da cidade, pero nas que aínda se pode mellorar, e así o establece o PMUS fixando varios obxectivos para alcanzar.
Estas accións pasarían en primeiro lugar pola retirada de tráfico motorizado das beiras do Lérez, para mellorar desta forma a circulación peonil. Ademais sinálase ao descubrimento do tramo soterrado do río Gafos así como unha mellora no treito urbano ata a súa desembocadura, e tamén a retirada de instalacións de administracións do Estado e da Xunta que están situadas na zona do ENIL da Xunqueira de Alba, tal e como vai suceder xa coas instalacións que vai proceder a retirar a Deputación. Por último o PMUS fala de completar o percorrido peonil pola marxe esquerda da ría ata O Cabo, en Lourizán, para conectalo con Estribela.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez afirma que reducir a velocidade a 10 km/h en parte da cidade "es pasarse completamente de frenada"
Por Redacción |
-
O Concello expón as liñas xerais do Plan de Mobilidade ás ANPA
Por Redacción |
-
As ANPAS achegarán suxestións para mellorar a mobilidade nos colexios
Por Redacción |
-
Choiva de iniciativas para dar a coñecer entre a cidadanía o Plan de Movilidad Urbana Sostible
Por Redacción |
-
Catro mil metros cadrados peonís máis cada ano, o obxectivo de Pontevedra para crear unha "cidade integradora"
Por Alejandro Espiño & Diana Eiras |
-
Pontevedra insiste en limitar máis o tráfico como vía para cumprir a lei de cambio climático
Por Redacción |
-
Os retos de futuro que Pontevedra plasmará na súa axenda urbana
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra incrementou nun 24% os desprazamentos peonís e ciclistas na última década
Por Redacción |
-
Pontevedra conta con 1.953 prazas en aparcamentos disuasorios e 4.220 de pago
Por Diego Espiño |
-
Estudan a ampliación do estacionamento para bicis ao contar cuns datos "óptimos" sobre o seu uso
Por Redacción |