Os retos de futuro que Pontevedra plasmará na súa axenda urbana
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
En catro meses, segundo prevé o goberno municipal, Pontevedra contará coa súa propia axenda urbana, un documento que recollerá os retos de futuro que deberá a abordar a cidade e os proxectos concretos que se porán en marcha para acadar eses obxectivos.
Será un proceso que se desenvolverá en dous pasos e que está financiado cos fondos europeos Next Generation, que achegarán uns 200.000 euros para abordar este proceso.
O primeiro, avanzou a portavoz municipal, Anabel Gulías, será realizar un estudo "a fondo" sobre Pontevedra para concretar o marco no que se vai a traballar.
Así, entre otras cuestións, analizaranse a ordenación do territorio, o modelo de cidade, a revitalización de barrios que xa se reformaron e os que quedan por renovar, a atención aos impactos do cambio climático, a economía circular ou a aposta pola mobilidade sostible.
O impulso á economía urbana e a busca de novos "nichos de actividade" nos que Pontevedra poida ter un "futuro prometedor", detallou Gulías, como a hostalería, servizos ou a creatividade,
O segundo paso da axenda urbana consistiría nun traballo máis participativo, tanto con expertos en diferentes eidos como coa propia veciñanza, aos que se lles pedirá a súa opinión "sen ningún tipo de filtro" a través de asembleas, mesas informativas ou xuntanzas sectoriais.
Este documento terá como condición básica a integración do mesmo con outro documento que se está a elaborar que é o Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel (PMUS).
A maiores, o Concello buscará "estabilizar dalgún xeito" o Observatorio Urbano de Pontevedra, o que derivará nunha plataforma tecnolóxica dixital no que a veciñanza poida consultar os datos obtidos en cada un dos seus estudos periódicos.