Catro mil metros cadrados peonís máis cada ano, o obxectivo de Pontevedra para crear unha "cidade integradora"

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
Ata catro mil metros cadrados para estancia peonil ou compartida. É o que pretende gañar Pontevedra cada ano dentro do seu obxectivo de seguir avanzando para completar o que o alcalde definiu como una "cidade integradora e de gran calidade ambiental".
Ese é un dos principais obxectivos recollidos no plan de mobilidade urbana sostible (PMUS) que, tras meses de traballo, está a punto de ser aprobado. Así o avanzou este martes Miguel Anxo Fernández Lores, que afondou no contido deste documento.
O PMUS, apuntou o rexedor pontevedrés, será unha especie de "folla de ruta" para deseñar o futuro da cidade "a oito ou dez anos", tomando medidas "equitativas" que limiten os tráficos innecesarios, manteñan os estándares urbanos e creen novos espazos de convivencia.
Coa entrada en vigor deste plan, que se prevé para este mesmo ano, todo o espazo urbano pasará a ser unha zona de tráfico restrinxido, "reducindo paulatinamente os tráficos excesivos e chegando a ter só o necesario para que a cidade funcione", indicou Fernández Lores.
"Os cidadáns teñen dereito a utilizar o coche na cidade sempre en cando o tráfico que fagan sexa necesario, tentando reducir o tráfico de paso e o tráfico de axitación ou de busca de aparcadoiro", subliñou o alcalde como a idea central deste plan.
Para cumprir coa lei de transición ecolóxica aprobada polo Goberno, non se cobrará por entrar na cidade cun vehículo a motor e tampouco será necesario o uso de etiquetas ambientais.
Pontevedra, segundo destacou o alcalde, "é a única cidade que pode facer algo así" debido á transformación que foi experimentando en estas dúas últimas décadas.
O plan que aprobará o goberno municipal, de cara a conseguir estes obxectivos, traza ata 34 medidas específicas pensadas principalmente para manter a seguridade actual nas rúas da cidade seguras e reducir ao mínimo todo tipo de sinistralidade viaria.
Para iso, ademais de gañar eses novos espazos de estancia peonil ou compartida, o PMUS avoga por seguir a instalar redutores de velocidade nas rúas máis conflitivas ou reordenar as zonas próximas aos centros educativos para acabar cos "barullos" actuais.
Entre as zonas de actuación identificadas, o documento aposta pola redución de tráfico pesado en Domingo Fontán, coa creación da variante de Alba; polo estudo de solucións para a circulación en Monte Porreiro ou por "racionalizar" o tráfico nas vías paralelas ao río e á ría.
Tamén se inclúen propostas para reducir o tráfico na zona leste da cidade ou na contorna do Hospital Montecelo, para impulsar o transporte público e o servizo a demanda ou para ampliar a rede de estacionamentos disuasorios no bordo da cidade.
A instalación de barreiras sonoras na AP-9 para reducir a contaminación acústica do tráfico, aumentar a mobilidade peonil e ciclista con circuítos específicos ou a mellora ambiental das marxes do Lérez, do Gafos ou da ría son outras das medidas que se propoñen.
O alcalde explicou que o PMUS estará a exposición pública en xuño e, nesa fase, "queremos que se faga unha participación o máis activa posible", para que todos os cidadáns poidan coñecer e presentar propostas que se poidan incorporar ao documento.
Relacionadas:
-
A zona de tráfico reducido do casco urbano estenderase a Monte Porreiro, Estribela e O Burgo
Por Alejandro Espiño |
-
A 'racionalización' do tráfico nas beiras do Lérez, prevista para 2024
Por Alejandro Espiño |
-
O lugar de Moldes terá unha parada na liña urbana de bus que conecta con Montecelo
Por Redacción |
-
O 'destape' do Gafos eleva a 7,27 millóns os fondos europeos Next Generation concedidos a Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Rafa Domínguez afirma que reducir a velocidade a 10 km/h en parte da cidade "es pasarse completamente de frenada"
Por Redacción |
-
Pontevedra expón o seu novo plan de mobilidade sostible na Peregrina
Por Manu Otero |
-
O Concello expón as liñas xerais do Plan de Mobilidade ás ANPA
Por Redacción |
-
Choiva de iniciativas para dar a coñecer entre a cidadanía o Plan de Movilidad Urbana Sostible
Por Redacción |
-
Retirar tráfico motorizado das beiras do Lérez, un dos obxectivos marcados no Plan de Mobilidade Urbana Sostible
Por Redacción |
-
Pontevedra insiste en limitar máis o tráfico como vía para cumprir a lei de cambio climático
Por Redacción |
-
Os retos de futuro que Pontevedra plasmará na súa axenda urbana
Por Alejandro Espiño |