Corte de tráfico da PO-11 e do nó de Lourizán por persoal de Ence
Os traballadores queimaron pneumáticos e cortaron o tráfico entre as 10.00 e as 11.20 horas na contorna da fábrica pasteira
© PontevedraViva
Traballadores de ENCE cortan o tráfico arredor da fábrica para esixir solucións
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6c9/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/617bc0de22-photo-2021-10-29-10-58-18.jpg)
© PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/eac/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/617bc0ead8-photo-2021-10-29-11-15-17.jpg)
© PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/516/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/617bc0f481-photo-2021-10-29-11-13-50.jpg)
© PontevedraViva
Ao redor dun centenar de traballadores da fábrica que Ence ten en Lourizán volveron a tomar as rúas para esixir unha solución que garanta a continuidade dos seus empregos no complexo industrial, ameazado co peche tras as sentenzas que anularon a súa prórroga.
Desde as dez da mañá, as súas protestas supuxeron o corte de tráfico nas inmediacións da factoría. Primeiro, por espazo duns 45 minutos, na autovía de Marín e na ligazón cara á autoestrada AP-9, queimando pneumáticos que sacaron da fábrica creando barricadas para impedir o acceso de vehículos.
Esta mobilización, convocada unicamente polo comité de empresa da fábrica, trasladouse posteriormente cara a entrada de Ence pola PO-546, a estrada vella cara Marín, onde tamén interromperon a circulación durante arredor de vinte e cinco minutos. Estes cortes provocaron, segundo fontes da Garda Civil de Tráfico, retencións nos accesos á cidade de Pontevedra e circulación lenta na vila de Marín ao longo da mañá.
Ademais, en ambas as localizacións os traballadores fixeron pintadas sobre a calzada para reclamar a continuidade da fábrica pasteira na súa localización actual. Tras a protesta, os bombeiros do Parque de Pontevedra sufocaron as lapas dos pneumáticos incendiados diante da factoría e arredor das 11.30 horas o tráfico quedaba restablecido nas dúas estradas.
O presidente do comité de empresa, Toño Lafuente, explicou que esta protesta foi organizada ante a ausencia dunha nova convocatoria da mesa de traballo sobre Ence. Esixen ás administracións que adopten medidas canto antes e protexan os seus empregos.
Engadiu que o que reclama o comité de empresa da fábrica, fronte ao comité de oficinas centrais, é que se deseñe unha alternativa no caso de que non sexan admitidos ou non prosperen os recursos expostos ante o Supremo despois das tres sentenzas contrarias á prórroga ditadas pola Audiencia Nacional.
Protesta convocada polo comité de fábrica de Ence con corte de tráfico na PO-11
Arredor dun centenar de traballadores da fábrica realizaron cortes de tráfico na mañá deste venres 29 de outubro na contorna da empresa pasteira en Lourizán, tanto na PO-11 como, a continuación, na estrada vella de Marín, a PO-546, provocando importantes retencións nos accesos a Pontevedra e tráfico lento na vila de Marín
© PontevedraViva
Motivos da nova protesta convocada polo comité de empresa da fábrica Ence
Toño Lafuente. Presidente do comité de empresa da fábrica de Ence en Lourizán
© PontevedraViva
Relacionadas:
-
Unha nova protesta de persoal de ENCE corta durante máis dunha hora o tráfico entre Pontevedra e Marín
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O PP rexeita a proposta do BNG de traballar na recuperación dos terreos de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Bará acusa a Feijóo dunha "burda manipulación" do informe do Consultivo sobre ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG pide á Xunta que comece a "traballar en serio" na recuperación medio ambiental dos terreos de ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan unha protesta pro-Ence para este venres 29 rexeitada pola Coordinadora de Traballadores Auxiliares
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
CCOO recusa a Hugo Morán como interlocutor na Mesa sobre Ence ao temer que quere pechar a fábrica de Lourizán para favorecer a Asturias
Por Anxo Lourido |
-
Mosquera censura o informe "esotérico" do Consello Consultivo sobre ENCE
Por Alejandro Espiño |