Os socialistas reclaman consenso veciñal ante calquera humanización en Monte Porreiro

Por Alejandro Espiño

© PontevedraViva

© PontevedraViva
Que calquera actuación destinada a humanizar o barrio de Monte Porreiro conte con consenso veciñal. É o que reclama o PSOE aos seus socios de goberno, cos que non coinciden na forma na que se presentou a reforma prevista na zona.
Tras a reunión que mantiveron os edís socialistas este luns cos veciños, Tino Fernández sinalou que "non estamos en contra do proxecto en si", senón que entenden que "tal e como está" non debe ser abordado.
O tenente de alcalde insiste en que o edil responsable desta actuación, Demetrio Gómez, "ten que sentarse a falar cos veciños" e non seguir adiante co proxecto ata alcanzar un consenso cos residentes do barrio.
Abordar a reforma sen consenso, aseguran os socialistas, "pode xerar un conflito social", polo que reiteran que o proxecto "non o apoiamos así como está" e se debe buscar outra "solución técnica" que estea acordada cos veciños.
O PSOE defende "definir" os aspectos do proxecto, especialmente a peonalización da rúa Alemaña, que é a que xera un maior rexeitamento no barrio. Os socialistas insisten en que "non vemos mal" este aspecto, pero sempre que se "dialogue" cos veciños.
Os veciños, aseguran desde o grupo municipal socialista, apostan por priorizar a humanización do barrio "noutros aspectos", polo que subliñan que se fai necesario abrir un periodo de diálogo para darlle un novo enfoque ao proxecto.
Relacionadas:
-
Centos de veciños de Monte Porreiro empezan a batalla contra unha peonalización que "de ningún xeito imos consentir"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
'Monte Porreiro quere avanzar', en desacordo coa reordenación do tráfico que implica a reforma das rúas Grecia e Alemaña
Por Redacción & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Deseñan en Pontevedra bolardos exclusivos para a nova praza pública de Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez reclama dous millóns para obras urxentes e oito millóns para humanizar Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |
-
Veciños de Monte Porreiro tenden a man ao Concello para cooperar coa peonalización da rúa Alemaña
Por Manu Otero |
-
O Concello ve "imprescindible" actuar na rúa Alemaña pero se abre a cambios no proxecto
Por Redacción |
-
O PP reunirase con representantes veciñais en busca de respaldo á oposición ao proxecto peonil de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O PP pide deter o proxecto de peonalización da rúa Alemaña mentres non haxa consenso veciñal
Por Redacción |
-
A rúa Alemaña será peonil e terá unha gran praza central do tamaño da Ferrería
Por Alejandro Espiño |