276 farmacias da provincia procesan autotest covid-19
Por Redacción
Esta é a primeira fin de semana en que as persoas con idades comprendidas entre 13 e 35 anos, sen pauta completa de vacinación, poderán acudir a unha farmacia para realizar un test de autodiagnóstico covid e recibir un documento que acredite o resultado da proba.
As persoas contarán cun máximo de catro probas nalgunha das 276 farmacias da provincia que se sumaron a esta iniciativa coa intervención de 732 profesionais farmacéuticos.
As persoas interesadas, pertencentes á poboación diana, deben solicitar o test de autodiagnóstico na farmacia. O profesional comprobará se a persoa forma parte do Programa establecido polo Sergas. No caso de que sexa así, o interesado deberá asinar un consentimento informado e se é menor de 16 anos deberán ser os seus pais ou titores legais quen o asinen. A continuación, o persoal farmacéutico indicaralle como realizar a toma da mostra nunha zona habilitada no propio establecemento.
O farmacéutico procesará a mostra e comunicará o resultado ao Sergas para facilitar o documento co resultado ao solicitante. Se o resultado é positivo, iniciarase o protocolo previsto polas autoridades sanitarias e o farmacéutico xa indicará á persoa que se ille no seu domicilio e espere a que contacten con ela.
En caso de resultado negativo, o documento permitirá acceder a interiores de establecementos hostaleiros e locais de lecer de Galicia.
Para a xestión da cita do test de antígenos nas farmacias, o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra puxo en marcha unha aplicación web a través de citafarmacia.cofpo.org
Alba Soutelo, presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, lembra tamén que a Consellería de Sanidade e os catro colexios oficiais en Galicia ampliaron a calquera persoa que se atope no territorio de Galicia para realizar a auto-recollida da súa mostra e realizar estas probas para detectar positivos.
Relacionadas:
-
As farmacias de Pontevedra inician unha campaña para acabar coas receitas non oficiais
Por Redacción |
-
O Sergas abrirá este sábado 25.000 autocitas para vacinar a mozos de 16 a 21 anos
Por Oskar Viéitez |
-
Agosto comeza con 41 persoas hospitalizadas e 2.947 casos covid activos na área sanitaria
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Unha muller de 92 anos, vítima 185 na área sanitaria como consecuencia da pandemia
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Continúan seis pacientes na UCI e baixa lixeiramente o número de hospitalizados por covid-19
Por Redacción | Creada e actualizada
-
As sete grandes cidades galegas sitúanse en nivel alto porque "a situación epidemiolóxica continúa a empeorar"
Por Anxo Lourido |
-
Unha unidade móbil realizará este sábado test de antíxenos na praza de España
Por Redacción |
-
Toda Galicia esixirá PCR ou carné de vacinación no lecer nocturno
Por Oskar Viéitez |