O Sergas abrirá este sábado 25.000 autocitas para vacinar a mozos de 16 a 21 anos
Por Oskar Viéitez
"Nos próximos días imos abrir un número de ata 25.000 autocitas a mozos de entre 16 e 21 anos. Abrirémolo nos próximos días e anunciarémolo con antelación para seguir incorporando aos mozos con incidencia máis alta", así o anunciou este mércores o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
Concretamente, abrirase este desde as 9 horas do sábado 7 de agosto e ata as 23,30 horas do domingo 8; un total de 25.000 dose para os nados entre os anos 2000 e 2005, que se vacinarán a próxima semana. É unha franxa de idade na que se rexistra na comunidade "un incremento moi importante" de contagios no marco da pandemia.
Para pedir autocita pódese facer desde un computador na dirección: cita.sergas.gal, ou no portal de saúde do Sergas. Tamén se pode solicitar desde un teléfono a través da APP Sergas móbil.
En declaracións aos medios en Ribeira, o titular do Executivo galego tamén aclarou en canto a quen non consigan autocita que se continuará coa chamada 'forzada' desde o Servizo Galego de Saúde (Sergas) por orde cronolóxica de idade.
O proceso de inmunización en Galicia avanza, conforme o ritmo de cada área sanitaria, na franxa etaria de 29 cara abaixo. Ademais, está a citarse por SMS a todos os cidadáns nados no ano 1999 e anteriores, e continúa aberta a autocita para os maiores de 40 anos.
Relacionadas:
-
Unha muller de 85 anos convértese no falecemento 190 de pacientes covid na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
276 farmacias da provincia procesan autotest covid-19
Por Redacción |
-
Habilitan espazos para realizar xestións relacionadas coa covid en nove localidades da área sanitaria
Por Redacción |
-
A hora da xeración do noventa
Por Manu Otero & Cristina Saiz | Creada e actualizada