Toda Galicia esixirá PCR ou carné de vacinación no lecer nocturno
Por Oskar Viéitez
O comité clínico deseñou unha nova estratexia para tratar de frear a transmisión descontrolada entre a poboación máis nova que inclúe a ampliación ao lecer noctuno de toda Galicia a medida de esixir aos seus clientes a proba PCR negativa ou o certificado de vacinación para poder entrar no local.
Segundo informou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a partir do martes amplíase a toda a comunidade unha medida que a semana pasada xa se puxo en marcha en municipios como Pontevedra e que agora se estende aos concellos tanto en nivel medio como en nivel medio baixo.
Para iso, a consellería tamén amplía a todas as áreas sanitarias, a partir do martes, o sistema de autocita para un cribado PCR.
Respecto a os certificados de vacinación son xa máis de 407.000 (do galego 407.499 e do europeo 486.460). Tamén se pode pedir o certificado en papel no centro de saúde e nas oficinas de farmacia e no número de teléfono 900 400 116.
CONCERTOS
A Consellería de Sanidade está a estudar con Cultura que tamén se aplique nalgúns concertos a medida de esixir certificado de vacinación ou PCR.
Por agora, o comité clínico non modificou o protocolo dos concertos, pero non se descartan correccións atendendo á incidencia acumulada e á ocupación hospitalaria.
Relacionadas:
-
276 farmacias da provincia procesan autotest covid-19
Por Redacción |
-
A poboación de 16 a 35 anos poderá pedir autocita para realizar cribados a próxima semana
Por Redacción |
-
Os galegos de 20 a 29 anos comezarán a vacinarse o 9 de agosto
Por Redacción |
-
Aumenta un 173% o número de probas covid nas farmacias de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo alerta de que novas restricións poden "truncar" a recuperación económica
Por Redacción |
-
Requisitos para ir aos pub de Pontevedra: PCR negativa de 72 horas antes, vacina completa ou covid nos últimos 6 meses
Por Natalia Puga |