Dous hospitalizados máis por covid na área sanitaria, que conta con 366 casos activos
Por Diego Espiño
Un total de 26 persoas permanecen ingresadas na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés afectadas de coronavirus. Isto supón un incremento de dúas hospitalizacións na última xornada, segundo reflicte a actualización de datos do Servizo Galego de Saúde ás 10.00 horas deste mércores 14 de abril.
Esta subida ten incidencia nos ingresos en planta, que pasan a ser 23 repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (20) e o Hospital do Salnés (3), mentres que seguen evolucionando na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo tres pacientes con positivo activo en covid, sen cambios.
En canto aos casos activos volven subir lixeiramente unha xornada máis para colocarse nos 366, o que supón nove máis que o martes. Isto débese a que o número de altas epidemiolóxicas (11) é máis baixa que os novos contaxios detectados, que ascenden a 20, sendo iso si a metade dos rexistrados no anterior balance.
Desde o inicio da pandemia superaron o coronavirus 12.574 pacientes da área pontevedresa, rexistrándose 168 falecementos de persoas con positivo activo.
Nas últimas 24 horas volveu a subir o número de probas realizadas con 1.253 PCR, que se suman ás 193.316 efectuadas con anterioridade.
DATOS DE GALICIA
A nivel autonómico este mércores 14 de abril na comunidade hai 2.400 casos activos, o que supón 18 máis. Deles 599 son da área da Coruña (-16), 169 da de Lugo (=), 192 da de Ourense (+7), 366 da de Pontevedra, 615 da área de Vigo (+11), 367 da de Santiago (=) e 92 da de Ferrol (+7).
De total de persoas infectadas, 26 están na UCI (tres menos) e 158 en unidades de hospitalización (dúas máis). Ata a data en Galicia rexistráronse 2.370 falecementos asociados ao virus, tras sumar un nas últimas horas.
Relacionadas:
-
A UCI de Montecelo suma un cuarto paciente positivo en covid, con 375 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Galicia atrasa o toque de queda ás 23:00 e permitirá a restaurantes dar ceas
Por Alejandro Espiño |
-
O Grove mantense no nivel máximo de restricións e crece a preocupación en Marín, en nivel medio
Por Natalia Puga |
-
Novo impulso á vacinación na área sanitaria, con 31.173 doses en dúas semanas
Por Redacción |
-
Os novos contaxios por covid na área sanitaria dispáranse ata os 40 e os casos activos soben a 357
Por Diego Espiño |
-
A semana iníciase na área sanitaria con 30 novos contaxios de covid e 327 casos activos
Por Diego Espiño |