"Feminismo para cambiar o mundo", o lema que acolle todos os actos previstos para o vindeiro 8 de marzo
"Feminismo para cambiar o mundo" é o lema empregado este ano para todas as actividades que se organizarán ao longo do mes. Yoya Blanco, concelleira de Igualdade, explica que escolleu este eslogan pola súa forza e para destacar que hai que reivindicar o feminismo agora máis que nunca.
Esta pandemia que se está a vivir e que fai que este 8 de marzo non se poida realizar do mesmo xeito que en anos anteriores, si que deu lugar a reivindicar que a loita ten que ser ao longo de todo o ano. Tal e como explicou a concelleira, "é un día que serve para visibilizar, pero a loita pola igualdade e polos dereitos da muller ten que ser todo o ano". Precisamente por estar nunha situación de pandemia, os actos alongaranse durante todo o mes de marzo, e mesmo os meses de abril e maio.
Os actos que están previstos para os vindeiros días son os seguintes:
Inaugurarase o venres 5 de marzo coa presentación dos gráficos e unhas bolsas de tela que funcionarán como merchandising. O manifesto farase grazas á colaboración de Susana Pedreira, xornalista e activista; manifesto que se lerá na sala de prensa debido ás restricións. Ademais, no mesmo día colgarase unha lona na praza de España, no balcón da casa Consistorial, co lema escollido para as vindeiras xornadas.
Os dias 5 e 6 de marzo terán relación co encontro "As mulleres que opinan son perigosas", con 12 ponencias e 16 xornalistas.
Os mércores 10 e 17 de marzo, coas colaboracións da UNED e o convenio coa Universidade de Vigo, que se prolongarán ao longo de todo o ano, poñen a disposición os centros para a realización dos faladoiros literarios feministas. Estarán moderados pola xornalista Ana López e terá como protoganistas a Luz Darriba, que presentará o seu libro "Abril", e a Iria Vázquez Silva presentando o seu libro "Cómplices. A violencia machista institucional". Para o faladoiro do día 17 contarán como moderadora á xornalista Sara Vila e como convidadas Eva Mejuto e Elisabeth Oliveira.
Ademais disto o xoves 11, Sax, veterana e representativa do graffiti feminino, grafiteará dúas das paredes que se atopan na rúa Castelao, ao carón doutro mural. Quíxose dar especial importancia á seguridade e regras provisorias que estarán presentes ao longo do evento, e asegurouse que se levará a cabo segundo todas as medidas de precaución.
Yoya Blanco quixo poñer especial atención á necesidade da realización de obradoiros en todos os centros educativos, xa que, tal e como explicou, estes son a base da educación en igualdade: "ten que haber obradoiros nos centros educativos e formativos, tanto en primaria, secundaria e bacharelato como en formación profesional". Estes obradoiros faranse adaptados e con temáticas variadas en función das idades; expoñendo temas como a potenciación das capacidades mutuas e non como fontes de dominio, as violencias sexuais, nas que destacou é preciso incidir, sobre todo a raíz do incremento de casos o ano pasado, e a concienciación dos escolares, entre outros.
Outra campaña que ten que ver co comercio local e coa concellería de Promoción Económica, é "mulleres da vila", que entronca co mes de marzo e que porá o protagonismo en todas as mulleres que rexentan os negocios da cidade.
Mercedes Renda, axente de Igualdade do CIM, manifestou que dende o servizo da igualdade esperan que as actividades programadas teñan repercusión e visibilidade, ademais de que se comprenda a dificultade de organizar nestes tempos un programa que hai que elaborar con antelación, sen saber cales van ser as condicións nas que se poida realizar.
A axente recalcou, ademais, que tentaron facer un programa seguro dende un punto de vista sanitario e absolutamente responsable: "o coidado da vida tamén é feminismo, e esa é unha das nosas prioridades". Polo tanto o acceso aos faladoiros online estará dispoñible para ver a través das redes, na páxina web do Concello de Pontevedra e na páxina da UNED. Serán transmitidos non só en España senón que tamén en América do Sur. Os libros aos que se fará referencia nos faladoiros, aínda de teren sido publicados o ano pasado, alega que "intentamos darlle apoio a todo ese traballo que, debido ás circunstancias excepcionais vividas neste ano, non tivo a repercusión pública que merecen".
Tamén se presentou o cartel deseñado por Maru Astray, no que figuran tres xeracións de mulleres.
A concelleira manifestou que o cartel implicaba un aspecto fundamental, e máis en tempos de pandemia, que é o de romper os teitos de cristal: "nesta pandemia na que, unha vez máis, as mulleres somos víctimas propiciatorias, hai que lembrar a corresponsabilidade parental, as mulleres seguimos estando a cargo do coidado dos menores e maiores, temos maior precariedade laboral e seguimos a ter unha taxa de desempleo mais ampla" e recalca que aínda queda moito polo que traballar.
Yoya Blanco quixo destacar o seu agradecemento a todos os colectivos feministas pola sua loita e responsabilidade ao longo de todas as restricións sanitarias que se aplicaron dende o inicio da pandemia, e que van seguir pelexando neste vindeiro 8 de marzo a pesar de que non se poidan realizar manifestacións multitudinarias. Con respecto a isto, aclarou que están á espera de que se poida levar a cabo algunha concentración.
Tamén quixo expoñer que van seguir loitando polos seus dereitos e que non van a frear "fronte ao fascismo e a ultradereita, que segue a culpar aos colectivos feministas"; ademais, alegou que "se ti es demócrata e cres nunha sociedade xusta e igualitaria, tes que ser feminista". Por último, convidan a todo o movemento feminista a actuar de xeito reivindicativo e responsable.
Relacionadas:
-
Purificación Mayobre, na UNED: "O feminismo é o movemento máis pacifista da historia"
Por Redacción |
-
O traballo sanitario centra a segunda cita do faladoiro virtual 'A forza das mulleres'
Por Redacción |
-
Rescatan as historias de mulleres pontevedresas que emigraron a América
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra reivindicará os dereitos das mulleres cun mural da artista Sax na rúa Castelao
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
As 'mulleres da vila' xa presumen da súa participación na campaña do 8M
Por Redacción |
-
Iria Vázquez e Luz Darriba estrean os Faladoiros Literarios Feministas de Pontevedra
Por Redacción |
-
As 'mulleres que opinan' reivindican desde Pontevedra a súa visión "crítica" na busca dun espazo "igualitario"
Por Alejandro Espiño |
-
"Imos seguir sinalando o que ten que cambiar. Non é unha ameaza, é un berro de esperanza"
Por Alejandro Espiño |
-
'Mulleres da vila', un recoñecemento ás traballadoras á fronte de negocios
Por María José Pita |
-
O 8M, Día da Muller, xa é visible no balcón da Subdelegación
Por Redacción |
-
O mural que pon en valor o papel da muller durante a pandemia será presentado o vindeiro sábado 6 de marzo
Por Redacción |
-
O 8M en Bueu, unha "alerta" de que o mundo "pode volver atrás"
Por Redacción |
-
A Deputación anuncia unha "extensa xeira de accións" que farán de marzo o mes da igualdade
Por María José Pita |
-
O foro 'As mulleres que opinan son perigosas' será a antesala do 8M
Por Oskar Viéitez |
-
'As mulleres que opinan son perigosas' conclúe este sábado con sesións online sobre o xornalismo feminista
Por Redacción |