O mural que pon en valor o papel da muller durante a pandemia será presentado o vindeiro sábado 6 de marzo

Por Redacción
A ilustradora Tania Solla e 'Polo Correo do Vento' continúan cos traballos de deseño do mural que están a realizar na entrada principal ao campo de fútbol da Seca, na parroquia de San Xoán. Trátase dunha das iniciativas principais da programación polo Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo.
O mural pasou revista durante a mañá deste venres pola concelleira de Igualdade, Silvia Díaz, e polas responsables do Centro de Información á Muller (CIM). Díaz Iglesias explicou durante a visita que este mural ten como obxectivo dar visibilidade "ao imprescindible labor que as mulleres desenvolveron desde o inicio da pandemia hai xa case un ano; un esforzo que, en moitas ocasións, pode pasar desapercibido e non conta co valor que merece. Sempre tivemos claro que sen mulleres non hai vida e isto púxose aínda máis de manifesto desde a chegada do coronavirus".
Este traballo, que tamén lucirá o eslogan da campaña 'A forza das mulleres' ademáis doutras mensaxes, será presentado oficialmente o vindeiro sábado 6 de marzo a partir das 12:00 horas e con todas a medidas de distanciamento e hixiene que marcan as autoridades.
Ademáis deste deseño, a Concellería incorporará máis novidades con respecto a edicións anteriores e aposta por desenvolver faladoiros en liña. Neles, as mulleres que traballan nas áreas que aparecen representadas no mural compartirán as súas experiencias. Silvia Díaz anima a toda a veciñanza a participar nestes actos, que tamén incluirán un paro institucional ás portas do Concello de Poio, o propio 8 de marzo, xa que "segue sendo necesario saír á rúa para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres".
Finalmente, a concelleira adiantou que entre os meses de abril e xuño os centros educativos de Poio acollerán obradoiros, unidades didácticas e sesións de contacontos (en función das idades do alumnado), que versarán sobre prevención da violencia machista, novas masculinidades e educación afectiva-sexual.
Relacionadas:
-
Ernestina Otero e Cruz Gallástegui protagonizan o novo mural do CEIP Cabanas
Por Redacción |
-
Sesión de contacontos na EEI Verducido para coñecer a historia do centro escolar
Por Redacción |
-
Tres emprendedoras de Poio protagonizan o primeiro faladoiro de "A forza das mulleres"
Por Oskar Viéitez |
-
O 8M, Día da Muller, xa é visible no balcón da Subdelegación
Por Redacción |
-
"Feminismo para cambiar o mundo", o lema que acolle todos os actos previstos para o vindeiro 8 de marzo
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Un gran mural renderá homenaxe a todas as veciñas de Poio para conmemorar un 8M sen mobilizacións
Por Redacción |