A Deputación reclama á Xunta un plan "inmediato" de rescate a hostaleiros e comerciantes
Por Redacción
O goberno provincial vai a poñerse en contacto coa Xunta de Galicia para reclamar un plan de rescate "inmediato" para os sectores da hostalería e do comercio ante a a complexa situación que están a vivir derivada da pandemia da covid-19.
É o compromiso que adquiriron os deputados Carlos Font e Santos Héctor no encontro que mantiveron co presidente e a xerente da Federación Provincial de Hostalería, César Sánchez-Ballesteros e Beatriz Carballido, e con Celia Cabrera en representación do comercio.
Este plan, segundo os representantes provinciais, debe estar dotado de recursos "suficientes" e resulta "imprescindible" dada a situación de restricións continuas que están abocando ao peche de empresas e establecementos.
"Non se trata de cuestionar as medidas sanitarias que decidan", sinalou Font, "senón de esixir os recursos suficientes que palíen a situación e que permitan a subsistencia das empresas e dos empregos".
Os deputados socialistas explicaron que o goberno provincial recollerá "no menos prazo posible" as propostas que fan ambos sectores "se se corresponden coas nosas competencias".
Así, entre outras cuestións, detallaron que para avanzar na dixitalización e innovación destas empresas a Deputación traballará en proxectos que poidan ser integrados na presentación dos programas que a institución provincial está a preparar para captar fondos europeos.
A través do programa SmartPeme, tamén se aprobará un plan específico de formación para o persoal profesional cara a unha maior preparación para a reapertura dos establecementos e cara ao emprego se axilizará o programa de primeiro emprego para empresas.
Ademais, Font e Santos Héctor explicaron que a Deputación impulsará campañas de promoción para a reactivación do consumo e do turismo e recordaron que o Plan Concellos permite destinar ata seis millóns de euros a establecer unha liña de axudas directas.
AXUDAS DIRECTAS PARA OS AFECTADOS
Desde o Partido Popular, pola súa banda, mantiveron unha xuntanza con representantes de Hoempo, a asociación de hostaleiros de Pontevedra, para analizar as súas demandas.
O voceiro dos populares na Deputación, Jorge Cubela, reiterou que o seu partido insiste en que o goberno provincial debe aprobar axudas directas para autónomos, pemes e hostaleiros, os sectores máis afectados pola crise provocada pola covid-19.
"Faremos toda a forza posible", garantiulle Cubela aos hostaleiros, xa que considera que ante una situación "grave e excepcional" como a que están a atravesar os afectados "non pode pasar máis tempo" sen que a Deputación de Pontevedra aprobe estas axudas.
O PP propón aprobar un plan de 10 millóns de euros para axudar ao pago de gastos correntes e de funcionamento, como pode ser o aluguer, a luz, o teléfono ou a seguridade social.
Relacionadas:
-
O plan de axudas da Xunta "queda curto", segundo Carlos Font, que pide que "rectifiquen"
Por Redacción |
-
Un millón e medio de euros vai destinar a Deputación para impulsar un modelo turístico intelixente, dixital, adaptado e sostible
Por Redacción |
-
Pontevedra propón un plan de rescate "a tres bandas" ante unha economía "agonizante"
Por Alejandro Espiño |
-
Carmela Silva critica o "trilerismo político" da Xunta co plan de axudas á hostalería
Por Oskar Viéitez |
-
Catrocentos hostaleiros de Pontevedra xa recibiron as axudas do plan de rescate da Xunta
Por Redacción |
-
O PP pide ao Goberno provincial un golpe de temón para facer "útil" a Deputación
Por Redacción |
-
O PP volve pedir á Deputación unha liña de axudas para autónomos e pemes
Por Redacción |
-
600 quilómetros para unir un sector e remover conciencias
Por Manu Otero |
-
A peregrinación dos hostaleiros ao Congreso conclúe cunha marcha pola capital
Por Manu Otero |