Un millón e medio de euros vai destinar a Deputación para impulsar un modelo turístico intelixente, dixital, adaptado e sostible
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva anunciaba este mércores a licitación do programa Tourist Inside no que se investirán millón e medio de euros, a metade financiados pola iniciativa "red.es" do Fondo social Europeo e o resto, 400.000 euros, son achegados pola Deputación Provincial.
Este programa impulsará un modelo turístico que, segundo a presidenta, será "intelixente, dixital, innovador, sostible e adaptado ás novas demandas turísticas". As empresas interesadas contan de prazo ata o mércores 10 de marzo para presentar as súas ofertas.
Desde a Deputación tamén se traballa no Plan Estratéxico de Turismo a través de mesas temáticas que se desenvolverán durante a última semana de xaneiro. Van levarse a cabo tamén a principios de febreiro as xornadas de sensibilización sobre o Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED). Carmela Silva anunciou tamén novas propostas para completar o atractivo turístico do Castelo de Soutomaior.
Silva sinalou que se transformará coa Tourist Inside o modelo turístico mediante a utilización das Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC) e outras ferramentas de dixitalización co obxectivo de adaptarse ás necesidades das persoas viaxeiras e dos axentes turísticos.
A presidenta anunciaba a modernización das oficinas da rede Info Rías Baixas, coa posta en marcha de mesas interactivas, welcome centerse, servizos multimedia e a creación de puntos virtuais.
Este proxecto, entre outras opcións, contempla tamén o desenvolvemento da iniciativa piloto da "praia intelixente", coa posta en marcha de ferramentas dixitais para xestionar a auga, o tráfico de acceso aos areais, o control do lixo ou a capacidade da praia nas Rías Baixas.
En canto ao Plan Estratéxico de Turismo, Carmela Silva avanzou a organización das mesas temáticas entre o 27 e o 29 de xaneiro. Serán unha ducia de mesas coa participación de notables integrantes que achegarán coñecementos sobre innovación aplicada á promoción turística, estratexias de comercialización, xestión do dato turístico, digitialización das pemes do sector, gobernanza turística público-privada, na Axenda 2030 e nos protocolos sanitarios, ademais da mellora da percepción da seguridade sanitaria, entre outros temas.
Tamén se desenvolverán entre o 3 e o 10 de febreiro as xornadas de sensibilización para fomentar a incorporación de novas empresas ao Plan de Calidade de Turismo rías Baixas, encamiñado a lograr o distintivo do SICTED.
Carmela Silva indicou que xa hai máis de 300 empresas para revalidar e lograr o distintivo do SICTED, unha cifra que converte á provincia nun destino de excelencia e referente en canto a calidade turística ao ser a provincia de toda Galicia con máis disitntivos.
CASTELO DE SOUTOMAIOR
Neste primeiro trimestre do ano o Castelo de Soutomairo contará cun forte impulso, segundo explicou a presidenta provincial, coa intención de que continúe sendo un foco no atractivo turístico da provincia. Están a realizarse obras por valor de máis de 100.000 euros para mellorar a cuberta e a fachada da edificación. Espérase que finalicen a mediados de febreiro coa instalación de tubaxes e a reconstrución dun tramo do muro de acceso.
Está previsto desenvolver novas propostas relacionadas coa camelia para enriquecer a visita ao Xardín de Excelencia Internacional do Castelo, que conta co Selo Observer. Lanzaranse iniciativas baseadas en experiencias sensoriais en relación coa camelia que irán da man dunha nova plantación de ata 20 exemplares de camelia de té. Con esta acción organizaranse visitas guiadas, guías divulgativas para escolares e actividades para dar valor á futura colleita deste produto.
Tamén continuarán poñéndose nomes de muller a exemplares de camelia, ás de Marían Vinyals, Bela Otero, Rosalía de Castro e Jane Andersen, únense as novas especies: camelia Sofía Novoa, de cor rosa media; e a camelia Juana de Vega, branca e rosada.
Este ano, con motivo do centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán, iniciarase o proceso para ofrecer unha flor de camelia co nome da autora feminista.
Relacionadas:
-
Cinco entidades de Marín, Poio e Pontevedra reciben 11.000 euros para realizar actividades turísticas
Por Redacción |
-
A provincia seguirá sumando distintivos de calidade turística
Por Redacción |
-
Unha camelia co nome de Emilia Pardo Bazán para conmemorar o centenario do seu falecemento
Por Redacción |
-
Carmela Silva defende a importancia da administración local no cumprimento da Axenda 2030
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación reclama á Xunta un plan "inmediato" de rescate a hostaleiros e comerciantes
Por Redacción |
-
A provincia aspira a ser o primeiro territorio intelixente certificado a través do Plan Estratéxico de Turismo
Por Redacción |
-
Apelan á colaboración público-privada para captar fondos europeos que potencien o atractivo turístico da provincia
Por Redacción |
-
E o Óscar turístico World Tourism Film Awards é para... 'Fame de experiencias?', vídeo promocional da Deputación
Por Redacción |